Santa María del Mar – 2º Ciclo de Educación Primaria

A festa do Magosto

11 11UTC noviembre, 2012 · No hay comentarios

O venres 9 de novembro celebramos no colexio a festa do Magosto. Xuntámonos todos os alumnos e profesores de Infantil e Primaria no Patio Cuberto e alí entre actuacións e arrecendo a castañas asadas pasamos unha tarde do máis divertido. Adicamos esta festa á nosa profesora de Inglés da etapa de E.I. Marilin que o venres remataba a súa labor docente de tantos anos e comezaba a súa merecida «xubilación».

Os compañeiros de 1º bailaron para nos a «Media Volta», os de 2º fixeron unha representación dun poema bailado e musicado, os de 3º e 4º tocamos os pandeiros e cantamos unha canción tradicional de magosto «Non chas quero» e no Terceiro Ciclo encargáronse de facer cucuruchos con xornais, para poder meter dentro as castañas asadas, e inventaron unha canción que interpretaron para nos. Un grupo de profesores bailou unha muiñeira «O espantallo» acompañados por outro grupo de profesores  que amenizou a festa tocando música tradicional galega (pandeiro,pandereta, tamboril, gaita,…), grazas ao persoal de cociña e de servizos poidemos además desfrutar do excelente sabor das castañas recén asadas e quentiñas que nos repartiron e comemos a fartar.

O rematar a merendiña e grazas á música que invitaba a bailar, aprendimos uns pasos de baile galego e fixemos unhas coreografías moi divertidas. Rematamos a xornada recollendo os desperdicios das castañas e tratando de deixar o espazo común tan limpo como cando chegamos.

Accedede á Presentación Photopeach  pinchando neste enlace O Magosto en 3ºC

 

Etiquetas: Fiestas y Celebraciones

0 respuestas hasta ahora ↓

  • Aún no hay comentarios...¡Sé el primero rellenando el formulario de debajo!

Dejar un comentario

*
Para probar que eres una persona y no un programa de spam, escribe la palabra que se muestra en la imagen.
Anti-Spam Image