Santa María del Mar – 2º Ciclo de Educación Primaria

Comezamos un proxecto sobre «As Cores do Outono» cunha excursión a San Miguel de Breamo

22 22UTC octubre, 2012 · No hay comentarios

VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.

 Ana Mª Fernández.”Ondas de verde e azul”.Xerais

Preme aquí para ver:

Presentación Fotografías 3ºA

Presentación Fotografías 3ºC

Dende hai xa algúns anos vimos celebrando no Segundo Ciclo de Educación Primaria a entrada do outono e a festa do Magosto. Este curso quixemos aunar arredor dela unha serie de actividades que tradicionalmente levamos a cabo no ciclo nestas datas (Saída convivencial de comezo de curso, Investigación sobre o cambio de estación, Actividades do Porfolio das Linguas e Actividades Artísticas e da aula TIC do Primeiro Trimestre).

Este interese por integrar aprendizaxes e entroncarlos con diferentes áreas levounos a querer elaborar un Proxecto de Comprensión no que a través duns interrogantes os rapaces e rapazas traballasen dende as Intelixencias múltiples e as Competencias Básicas actividades variadas para encontrar o sentido do tópico xerativo “As cores do outono”.

Deste xeito e tendo a área de Educación Artística como punto de partida quixemos incorporar obxectivos e contidos doutras áreas: Lingua Castelá, Lingua Galega, Lingua Inglesa, Coñecemento do Medio/Science e tamén áreas complementarias como OXC ou OXL. Deste xeito todas elas estarían implicadas no desenvolvemento dun proxecto interdisciplinar.

Os Obxectivos Xerais de Etapa que queremos axudar a desenvolver co proxecto “As cores do outono” son:

  • Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.
  • Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lengua galega, a lingua castelá e desenvolver hábitos de lectura.
  • Coñecer e valorar o seu contorno natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e de coidado deste, con especial atención á singularidade de Galicia. Coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galegas.
  • Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora.
  • Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais.
  • Coñecer e valorar a flora e a fauna, en especial a presente na Comunidade Autónoma de Galicia, e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.

Os fíos condutores do noso proxecto serán os seguintes interrogantes:

A eles trataremos de dar resposta a través de actividades moi diversas e variadas desde as diferentes áreas implicadas. Hoxe fixemos unha das primeiras consistente nunha saída cultural convivencial a San Miguel de Breamo en Pontedeume. Alí xogamos a atopar as cores do outono nas árbores, no ceo, na terra, nas pedras,…fixemos unha recollida de materiais que posteriormente clasificaremos e expondremos nas clases e tiramos fotografías a aqueles obxectos ou materiais que non podiamos acarrear: setas, árbores nubes,…

Irémosvos informando das actividades que levemos a cabo neste proxecto e que culminarán cunha festa de magosto de toda a Infantil e Primaria o próximo vernes 9 de novembro de 2012.

 

Etiquetas: Salidas

0 respuestas hasta ahora ↓

  • Aún no hay comentarios...¡Sé el primero rellenando el formulario de debajo!

Dejar un comentario

*
Para probar que eres una persona y no un programa de spam, escribe la palabra que se muestra en la imagen.
Anti-Spam Image