Santa María del Mar – 2º Ciclo de Educación Primaria

O SAMAIN (a festa das cabazas)

24 24UTC Octubre, 2011 · No hay comentarios

 ORIXES DO SAMAÍN

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man.

Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentarense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.

 

A LENDA DA CABAZA.

Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.

Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.

Os celtas, antigos habitantes de terras galegas, tiñan un grande respecto polos mortos. Nas súas caveiras poñían unha candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente.

Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos defuntos.

Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.

Para xogar e escoitar podes ir a este enlace onde atoparás moita inxormació, xogos e cancións sobre o tema

Etiquetas: Fiestas y Celebraciones

0 respuestas hasta ahora ↓

  • Aún no hay comentarios...¡Sé el primero rellenando el formulario de debajo!

Dejar un comentario

*
Para probar que eres una persona y no un programa de spam, escribe la palabra que se muestra en la imagen.
Anti-Spam Image