VOTACIÓN PREMIO ACCIÓN MAGISTRAL – A TENDA DE ANTÓN ATA O 2 DE AGOSTO

Xa se pode votar pola Tenda de Antón dentro dos Premios Acción Maxistral 2019

http://www.coruna.gal/educacion/es/actualidad/noticias/detalle-noticia/xa-se-pode-votar-pola-tenda-de-anton-dentro-dos-premios-accion-maxistral-2019/suceso/1453701173334

18 de julio de 2019

A Escola infantil municipal Monte Alto foi seleccionada como unha das 100 escolas finalistas autonómicas do premio que conceden Fad e BBVA

Xa está aberta o período de votación popular para seleccionar o centro educativo gañador. Neste enlace pódese votar pola Tenda de Antón.  

https://pr.easypromosapp.com/voteme/840736/633048801?lc=spa&ep1=mail

O premio Acción Maxistral ten o obxectivo de galardoar e dar a coñecer iniciativas creativas, innovadoras e con impacto social de centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria de toda España.

O resultado final coñecerase no mes de setembro.

A tenda de Antón

A tenda de Antón é un espazo de actividade para promover o xogo simbólico e a relación directa do alumnado coas persoas vendedoras e compradoras. A compra directa e o despregamento das accións que implica favorecen o desenvolvemento de habilidades lingüísticas básicas nas relacións humanas, a observación e relación de alimentos entre si, valorar a orde e clasificación en cada posto e a mecánica do intercambio de produto-diñeiro.

Este proxecto conseguiu un recoñecemento no 2016 por UNICEF, por ser unha boa práctica para a infancia.