Actividade da comunidade escolar

Que fantástico momento no Planetario, escoitando a voz de Félix e observando imaxes do universo. Ao compas dos sons, chegaron as constelacións, a lúa e a nave onde pode ser que o gran Yuri está a viaxar.

Grazas a todo o equipo da Casa das Ciencias, especialmente a Marcos Pérez e Miguel López que acompañou  e facilitou a nosa proposta musical e didáctica.

Ao longo destes días organizáronse charlas para as nais e país

O próximo mércores o obradoiro para familias organizado polo concello.

HOXE DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Cos versos de Curros a Rosalía:

“Ai dos que levan na frente unha estrela, ai dos que levan un bico un cantar”

que falan do noso  compromiso como pobo  e da fala como tesouro do noso patrimonio cultural , presentámolo  poema ESMERALDA de Xosé María Díaz Castro.

Unha viaxe da  letra fermosa deste poema , ao son e voz  de Felix Arias.

Sons cantados que narran algo moi sinxelo, e que nós, como pequenos de moitas cousas, sentímolo moi próximo e grande.

Sons escoitados, sons cantados por pequenas voces..

Tal e como o poema narra..moitos sentimos o mesmo cando os miramos ..

¡O universo sería

máis pequeno sen ti!

un ratiño para escoitar e gozar..(vídeos maio 2014/15) eim montealto.

ESMERALDA-LETRAS GALEGAS 2014

ESMERALDA 2- LETRAS GALEGAS 2014

ESMERALDA ENCANTADA – LETRAS GALECAS 2014

CACHO COLE ESMERALDA LETRAS GALEGAS