ROBOTS

IMGP0028

Moi boas!! aquí estamos de novo, para dar a coñecer esta actividade que diriximos ao grupo de nenos e nenas maiores do cacho-cole, baixo o nome de ROBOTS.

A tecnoloxía forma parte da nosa vida e todos estamos relacionados a diario con aparellos tecnolóxicos de máis ou menos complexidade, e tamén constatamos como os nenos e nenas están cada vez máis interesados en todo aquilo que levamos na man; teléfonos móbiles, tabletas, mandos etc.. Parece que a súa curiosidade vai en proporción coa presenza e uso que tanto en casa como na escola facemos dela e polo tanto o seu interese vai aumentando e precisan de ter a oportunidade de tocar,probar,manexar e comprobar que fan “esas cousas tan imprescindibles”.

Son abundantes os estudos e  opinións sobre a presenza e adecuación  das tecnoloxias dende as primeiras edades, principalmente o uso de tabletas individualizadas.

Dende a nosa oponión temos tempo para ir pouco a pouco e non colocar nas mans algo sen pensar moi ben con que finalidade o estamos a facer ( estar entretidos, ir coa última tendencia educativa ..)

Na escola partimos da idea de utilizar materiais tecnolóxicos de grupo, como é o caso da pizarra dixital e os xogos e actividades creadas expresamente para relacionarlas con contidos e temas que son habituales e familiares: hablamos de actividades relacionadas co proxecto do mercado, con educación vial, coas rutinas de identificación de símbolos, canciones etc.

Robots é unha proposta aberta e reflexiva sobre os xogos con robots, o con “cacharros o aparellos” que permiten aos nenos e nenas aprender e habituarse a tomar decisións sobre aspectos básicos (orientación, dirección, cantidade etc..) coa finalidade de alcanzar un obxectivo visible e polo tanto evaluable por eles mesmos, onde o erro é indispensable para aprender por eles mesmos a facer primeiras programacions.

Neste traballo utilizamos OS BEE-BOTS de LEGO

IMGP0015

 http://ro-botica.com/Producto/BEE-BOT
 
“En un país multicolor nació una abeja hecha robot… 
Y fue famosa en el lugar porque se puede programar…”
 
Es cierto: la canción no era bien bien así… pero al igual que con Maya, los más pequeños recordarán cuando sean mayores los buenos ratos que pasaron con la entrañable Bee-Bot.

¿Por qué nos gusta? 

  • Su simpática sonrisa nos ha conquistado. 
  • Su sencillez y robustez lo hace ideal para niños y niñas de entre 3 y 7 años. 
  • No gasta pilas: tiene batería recargable que dura horas y horas. 
  • Porque los maestros nos habéis sorprendido con vuestras propuestas educativas. 

¿Qué puedo aprender con Bee-Bot? 

  • Izquierda, izquierda, derecha, derecha, adelante, atrás, un, dos, tres… En otras palabras: el lenguaje direccional, giros, lateralidad y otros conceptos espaciales básicos. 
  • Es un fantástico recurso para actividades transdisciplinares y con ella ¡es posible el aprendizaje significativo basado en el juego! 

Con esta abella con rodas, xa clasificada por todos nós como “Bicho raro”, iniciamos un xogo que parte de coñecer os elementos básicos relacionados co seu uso. Aquí tedes

IMGP0018IMGP0017IMGP0019IMGP0020

 

 

 

 

Presentamos  estes obxectos:

  • a caixa onde se garda
  • o cable que alimenta a bateria
  • a bolsa onde vai a caixa e o cable.

 

E ademáis un dos taboleiros por onde se desplaza o robots e a panda de amigos “robóticos”

IMGP0037IMGP0025