PASEO DE NUBES

Este tempo descoñecido que mantén as rúas baleiras non deixa de ter un ceo cheo de vida.

O ceo primaveral é variable e intenso. As nubes pasean libremente, medran e desaparecen. Moitas veces o ceo brinda sonoridade de choiva e tronos. Escoitar o ceo atronar é como estar nun concerto de natureza, onde o son tamén xoga cas luces dos lóstregos.

Descobrimos nas nubes unha forma da naturaleza imprevista e caprichosa que cada mañá permite crear historias e adiviñar xogos. Por esta razón, e para este tempo incerto pero intenso abrimos NUBES para deixar  unha proba do valor e beleza da natureza.

As nubes,  en formas da natureza.

Logo chegaron as nubes que van pasando pola cabeza de cada un/unha e que invitan a xogar.

 

 

 

 

 

 

 

Emi, compañeira de Os Cativos imaxina historias lindas.

E Luisa tamén da escola Os Cativos narra e presenta un conto cheo de nubes, fermosísimo.