Os outros membros da familia

Ao longo destes últimos meses recibimos na escola a resposta das familias sobre esta convocatoria. Seguidamente pasamos a mostrar as fotos que chegaron a través do correo e tamén a recopilación da exposición que no día de ciencia na rúa tivemos sobre os animais que conviven cas familias.

O primeiro que presentamos son as imaxes que a familia de ALVARO fixo na aldea, xa que eles aprecian as vaca, galiñas, ovellas etc..como próximos a súa vida. Aproveitaron para ilustrarnos con outras fotografías que explican a vida do rural: tractores, hortas,e sobre todo transmiten o gusto que tanto Alvaro como Manuel sinten pola aldea.

con todos vós as fotos da familia de Alvaro: