INFORMACIÓN ADMINISTRATIVA/calendario curso escolar-documentos..

 

HORARIOS DO MES DE XUÑO E XULLO

A ESCOLA ESTÁ ABERTA CON HORARIO NORMALIZADO O MES DE XUÑO, EXCEPCIONALMENTE O DÍA 16 POR MOTIVO DA FESTA DE FIN DE CURSO PODE SOLICITAR O PECHE ÁS 15/16 HORAS.

O MES DE XULLO É DE SERVIZOS MÍNIMOS

HORARIO DE 8 A 15H.

O MES DE AGOSTO PECHADO

COMEZO DO CURSO O DÍA 5 DE SETEMBRO CON XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

 

CURSO 2017/18

 

O próximo día 1 de xuño publicanse os listados definitivos de admitidos e lista de espera para o curso 17/18.

As solicitudes presentadas foron 70

  • para o grupo de nacid@s no ano 2017- 9 solicitudes para 8 prazas.
  • para o grupo de nacid@s no ano 2016-41 solicitudes para 5 prazas 
  • para o grupo de nacid@s no ano 2015-20 solicitudes para 7 prazas 

A información está publicada na web educativa municipal.

http://edu.coruna.es/

Pódese consultar as puntuacións provisionais das escolas 

http://extensiones.edu.coruna.es/reim_provisionais/main/?set_lang=gl&provisionales

información publicada na web municipal:

  • Prazo de reclamacións: do 15 ao 29 de maio

As reclamacións consideraranse resoltas coa publicación das puntuacións definitivas. Durante este período, non serán admitidos nin valorados novos documentos que non fosen presentados no prazo de solicitude.

Rematado o prazo de reclamacións celebraranse os novos Consellos escolares: 26 de maio e Comisión de escolarización: 29 de maio.

  • Publicación listas definitivas e listas de agarda: 1 de xuño
  • Prazo de matrícula: do 1 ao 14 de xuño

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2017-2018: 5 de setembro de 2017

 

AS NOVAS TARIFAS 

TARIFAS E SERVIZOS

Son comúns a todas as escolas da Rede. As tarifas a aboar polas familias nos distintos servizos para o curso 2017-2018, son as seguintes:

TARIFAS DE ESCOLARIDADE

Estas tarifas cubrirán os custos do horario normalizado de atención educativa (6 horas diarias) e o servizo de orientación.

Establécense en proporción aos ingresos anuais per cápita da unidade familiar:

  • Tarifa 0: 0€/mes (familias que cumpran os requisitos do artigo 27.6 e 27.7 do regulamento)
  • Tarifa 1: 5€/mes (familias con ingresos per cápita < 50% IPREM)
  • Tarifa 2: 20€/mes (familias con ingresos per cápita >50% – <75% IPREM)
  • Tarifa 3: 40€/mes (familias con ingresos per cápita >75% – <100% IPREM)
  • Tarifa 4: 60€/mes (familias con ingresos per cápita >100% – <125% IPREM)
  • Tarifa 5: 80€/mes (familias con ingresos per cápita >125% – <150% IPREM)
  • Tarifa 6: 95€/mes (familias con ingresos per cápita >150% – <200% IPREM)
  • Tarifa 7: 105€/mes (familias con ingresos per cápita >200% IPREM)

Os/as menores non empadroados/as no Concello da Coruña asumirán o custo total da praza escolar, sen reducións de tarifa.

(*) A renda per cápita da unidade familiar será a resultante da suma total dos ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar, dividida entre o número de persoas que compoñen a dita unidade familiar. Para estes efectos, considerarase unidade familiar a formada polos fillos/as menores, agás que , con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente. Os/as fillos/as maiores de idade que residan no domicilio familiar e dependan economicamente dos proxenitores e se atopen nalgún destes supostos: nunha situación de incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada, que por razón de estudos residan durante o curso noutra localidade ou que teñan recoñecido un grao de discapacidade superior ao 33 por cento. Nas familias monoparentais, incrementarase en 0.8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

OUTRAS TARIFAS COMPLEMENTARIAS

  • COMEDOR: 80 €/ mes
  • ALMORZOS: 14 €/mes
  • MERIENDAS: 23 €/mes
  • AMPLIACIÓN DE XORNADA: por cada hora de ampliación 15 €/ mes

* Os prezos das tarifas están pendentes de aprobación en Xunta de Goberno Local

 

 

 

 

 

DATAS DOS DÍAS DE PECHE DA ESCOLA ATA FINAL XULLO.

  • XOVES E VENRES SANTO (13 E 14 DE ABRIL)
  • FESTIVOS: 1 e 17 de maio e 25 de xullo.

SERVIZOS MÍNIMOS ( horario de 8 a 15h.)

  • Luns, martes e mércoles de semana santa:10,11,e 12 de abril de 2017
  • Mes de xullo

 

 

 

 

 

curso 2016/17

Finalizou o venres o periodo de matrícula, temos o grupo do ano 2015 e 2014 cuberto e con lista de espera, pero aínda quedan prazas no grupo dos/das  nacidos/as neste ano 2016.

As familias interesadas en solicitar praza en calquera dos grupos o poderan facer a partir do día 20 de xuño. Os pequenos e pequenas do grupo de berces para comezar o curso ten que ter 3 meses cumpridos, polo que ata esa data non poderán solicitar oficialmente a praza.

De aquí a alá..

Durante este mes de xuño o primeiros de xullo, faremos un encontro cos pais en nais que comezan o curso próximo ca finalidade de informar, aclarar e atender as dúbidas sobre a organización da escola e proxecto educativo.

Ao longo de xullo,agosto e setembro faremos as entrevistas xa individuais para achegarnos a realidade cotiá e hábitos dos pequenos/as e poder contar cunha información que facilite os primeiros tempos na escola.

Datas e horarios:

O mes de xullo a escola pecha ás 15 horas, e comezará a actividade administrativa a finais do mes de agosto. O día 6 de setembro é o día de portas abertas e comeza o curso en todas as escolas municipais.

Se tedes algunha dúbida sobre a nosa organización o posibilidades de solicitude podedes enviar un correo a esta dirección.

ei.montealto@hotmail.com.

VISITAS Á ESCOLA PARA COÑECER OS ESPAZOS E PROPOSTA ORGANIZATIVA

MARTES 19  E XOVES 28 ÁS 17H.

É NECESARIO CHAMAR  OU MANDAR UN CORREOPARA APUNTARSE.

TELÉFONO 981 201223

ei.montealto@hotmail.com

 

solicitudes novas: consultar o enlace da web municipal

http://edu.coruna.es/ga/reim/admision_de_alumnos_normas_requisitos_y_calendario

NOVOS INGRESOS para menores nados en 2014, 2015 e 2016

 

· Publicación prazas dispoñibles: 14 de abril

· Prazo solicitude: Do 18 de abril ao 6 de maio (ambos incluidos)

correo da escola  ei.montealto@hotmail.com

 

Lembramos a información que cada familia coñece sobre os días de peche da escola, que son comúns ao resto das escolas da rede municipal, a estes días engadiremos os festivos locais e xerais da comunidade e os estatais.

  • -Día do ensino. Marcado pola  xunta de galicia 30 de outubro
  • -Nadal: 24 e 31 decembro
  • -Luns e martes de entroido
  • -Xoves e venres de semana santa
  • -O mes de agosto.

Os servizos mínimos ( horario ata as 15 horas) aplícase nestas datas:

  • -Nadal dende o día 24 de decembro ao día 7 de xaneiro
  • -O luns,martes e mércores de semana santa.
  • -O mes de xullo.

DOCUMENTOS VIGENTES NO CURSO 2014/15  e 2015/16

documentos en pdf.-descargar