DÍA DE CIENCIA NA RÚA 7 DE MAIO DE 2016
EXPOSICIÓN DO PROXECTO ERES O MEU CEO
enlace de fotografías:
Actividades e rutinas do proxecto
Mural exterior para xogar creando o sistema solar
Visita do astronauta
Grazas a oportunidade de contar cun espazo exterior- praza pública grande, podemos instalar fóra da escola propostas de actividade nas que participan as familias. A creación de universos imaxinarios é posible; estrelas,planetas, órbitas móvense dun lado para outro da man de pequenos e grandes debuxando sobre o panel múltiples relacións de formas e cores.
O panel grande das constelacións estivo varias mañás, no tempo de chegada á escola, na praza para que as familias participarán da actividade de identificar a súa constelación, a posición e o nome da súa estrela. Esta información é previamente enviada e forma parte doutro panel do proxecto.
As mesmas constelación están no teito da aula grande, onde polo nadal cada familia participou na creación da súa propia estrela e no “encendido” de estrelas.
O panel foi exposto en Ciencia na Rúa o pasado sábado 7 de maio.
PAKITA una estrella viajera pdf
cancioneiro do proxecto.
Na festa de nadal,comezamos a presentar cancións e poemas desta proposta didáctica.
Aquí deixamos unha mostra dos temas máis habituais na escola.
Poema de Federico García Lorca
Doña Luna no ha salido.
Está jugando a la rueda
y ella misma se hace burla.
Luna lunera.
Canción de María Elena Walsh
Ya la luna baja en camisón
Manuel María. “Os soños na gaiola”.Merlín Xerais.
A Señora LÚA
A SEÑORA LÚA
INDA ESTÁ SOLTEIRA
¡A SEÑORA LÚA,
A LÚA LUEIRA!
A LÚA LUEIRA,
A SEÑORA LÚA:
¡TEN GANA DE TROULA
E QUERE IR DE RÚA!
¡E QUERE IR DE RUA,
DE TROULA IR QUERÍA.
QUE SENTE MORRIÑA
E MELANCOLÍA!
A SEÑORA LÚA,
A LÚA RUEIRA,
COMO ANDA DE NOITE,
SEMPRE ESTÁ TRISTEIRA.
SEMPRE CON TRISTURA
E MELANCOLÍA
QUE ANDA POLA NOITE
E DORME DE DÍA.
M.CLAN- LLAMANDO A LA TIERRA
Enrique y Ana la canción de los planetas
Pola unha media lúa.Mamá Cabra.