xogos con caixas- grupo cachocole

Xogar con caixas de cartón resulta interesante para todos e todas.
Ás poucas semanas de comezar o curso, presentámoslles no patio unha chea de caixas.
Non propomos nada, só deixamos que cada un decida o que facer, o que mirar, probar, compartir…
Miramos actitudes individuais, principalmente as súas relacións e o seu interese por indagar individualmente ou en grupo.
Estas fotos foron mostradas ás familias na primeira reunión do curso, co obxectivo de promover preguntas e un diálogo que nos resulte útil para educadores e nais/pais sobre o valor que o xogo libre e con materiais simples ten na infancia.

Lóxica,composicón,creación,observación..marabilloso material de xogo

A pasada fin de semana, mercamos en Madrid nunha feira de educación este xogo tan fermoso que temos na cabeceira do blogue.

O ano pasadocando traballamos no proxecto Pingando o tema da auga atopámolo, pero de aquela, non estaba comercializado aquí. Agora xa o temos..e estamos encantadas achegar aos  nenos e nenas  este material.  Que supoñe para eles xogar con estes bloques de madeira cheos de contido e cor? uns están cheos de auga de cor, outras conteñen polvo, outros boliñas..outros cor nada máis.

Xa os contaremos, pero a composición xa é fermosa enriba da mesa de luz!!….como será en compañia de mans e palabras?XOGOS COA LUZ