“CIENTÍFICOS DENDE O BERCE”
A prensa galega, La opinión e o Faro de Vigo recollen a noticia do recoñecemento de Ciencia en Acción aos dous traballos presentados pola escola.
O luns día 8 de xuño, visitaron Monte Alto dúas profesoras e o director do Colexio Valssasina de Lisboa, que están a realizar unha viaxe por Galicia para coñecer proxectos e experiencias educativas.
Foi unha xornada de moita actividade, xa que intentamos mostrar o máis significativo das propostas que facemos sobre Ciencia.
Estiveron tamén con nós, Jesús Garrido, Dolores Vázquez e a estimable Susana Vázquez, todos eles vinculados ao ensino e ao colexio Jesuitas. Pola nosa parte, estivo todo o equipo da escola e contamos coa sorte de que Felix tamén se achegará a compartir esta tardiña de intercambio educativo, onde Portugal, sempre tan presente no cancioneiro de escola e nos proxectos, foi o motivo para desplegar o noso facer dende hai anos no mundo da ciencia.
Tras percorrer toda a escola e visitar a tenda de Antón rematamos no patio cunha merenda e as cancións de escola. O director deste colexio portugués agasallounos cunha fermosa peza de porcelana de Vista Alegre, unha sardiña de deseño dun artista portugués.
Podedes ver na rede a web deste gran centro educativo de Lisboa, que conta cunha historia moi especial.. http://new2.cvalsassina.pt/
Lo sentimos, no tiene permiso para ver el artículo
Lo sentimos, no tiene permiso para ver el artículo
2013 ,ANO INTERNACIONAL DA COOPERACIÓN NA ESFERA DA AUGA.
Nacións Unidadas propuxo o 2013 como o ano intenacional da Cooperación na esfera da auga.
Desde a escola queremos participar nesta conmemoración coas nosas posibilidades e ofrecer un protagonismo especial a este tesouro que nos rodea e fai posible a vida, a auga.
Desde moi pequenos expresamos o noso interese e gusto pola auga. Non só por tratarse de satisfacer unha necesidade vital, senón por que tocando,escoitando, vendo e probando a auga sentímonos felices.
Que ten a auga, para que sexa unha das primeiras palabras que dicimos..?
A auga está ligada á vida mesma, á nosa existencia.
Resulta doado propor a auga como eixo de traballo, pero a nosa intención vai un pouco máis aló de satisfacer as súas ansias de xogo e goce. Os nosos obxectivos parten do xogo para chegar a través do seu goce a iniciar ao neno en sinxelas investigacións.
Este proxecto parte da auga desde diferentes propostas:
A auga e as mesturas
A auga e a materia
A auga e o son
A auga e ródaa
A auga e o movemento
A auga e a calor
A auga e a masa
Cada un destes grandes bloques de traballo foi un proxecto de ciencia, polo que partimos de coñecer as posibidades que poden chegar a lograrse con cada uns deles. Sen dúbida é un reto máis no noso camiño de facer da ciencia algo cotián para o neno e a familia.