De novo na Horta da Torre 18 de outubro

Moitas familias participaron neste novo encontro do curso.

A visita a horta, estaba programada dende o día que recollimos na praia das Lapas as algas.

Aquela tarde chea de sol  falamos de secar as algas no patio e logo levalas á horta para servir de abono á terra das hortas.

Tal e como o dixemos, a tarde de onte estivo adicada a botar algas na terra, a coñecer un pouquiño máis as verduras, hortalizas e plantas aromáticas que están plantadas nas diferentes partes de este espazo comunitario.

Tamén fixemos un recordatorio de cancións cos nosos amigos “Moncho e Maruxa” coñecidos por todos los nenos e nenas como avó e avoa que están de aquí para alá, da aldea a cidade, para mostrar e ensinar cousas relacionadas ca terra: sementes, plantas, apeiros etc..

O momento foi moi divertido e coa colaboración dos avós e avoas plantamos leitugas e lombardas.

Coñecimos os nomes das ferramentas de labranza e xogamos con xestos de man a imitar os movementos propios do sacho, do anciño, da pala, e tamén a sementar e plantar.

Xogamos á roda e cantamos os nomes de verduras e hortalizas que comemos a diario.

Pasámolo moi ben. Estivemos acompañados por Elena, colaboradora da Asociación veciñal.

Aquí tedes as fotos da tarde na horta. Esperamos que as leitugas e lombardas medren ben co abono das algas e cas boas intencións de todos.

Ata outra!!

UN ANO MÁIS EN VOZ NATURA

  O sábado alí estuvimos xunto con moitos centros de toda  Galicia na festa de VOZ NATURA. No recuncho habitual expusimos a representación do proxecto medioambiental.

 

  Juana colleu  con moito agarimo,o coello dos compañerios do centro Apolonia de Santiago . O coello estaba encantado e Juana tamén.

 

Voz Natura: memoria

Documento en pdf. onde se recolle un resumo das experiencias relacionadas co proxecto de Voz Natura:

memoria de Anton y la hierba pequerrechiña

Unha nova boa, o próximo curso  estaremos neste certamen de medio ambiente co proxecto da escola”Antón Pirulero y la cuadrilla verde” e co grupo da Asociación Xuvenil Abeiro y la Asociación de Veciños Monte Alto, na proposta” Horta urbana educativa-comunitaria en Monte Alto”

http://www.voznatura.com/home/index.php?idseccion=36