UN ANO MÁIS EN VOZ NATURA

  O sábado alí estuvimos xunto con moitos centros de toda  Galicia na festa de VOZ NATURA. No recuncho habitual expusimos a representación do proxecto medioambiental.

 

  Juana colleu  con moito agarimo,o coello dos compañerios do centro Apolonia de Santiago . O coello estaba encantado e Juana tamén.

 

PROPOSTA DA COMUNIDADE EDUCATIVA NO PROCESO PARTICIPATIVO- PORTA ABERTA- CONCELLO

A comunidade educativa presenta a iniciativa de “RECUPERACIÓN DA PRAZA DO MERCADO DE MONTE ALTO E ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL”- na iniciativa do concello de orzamentos participativos PORTA ABERTA.
Precisamos do apoio de todos para facer posible a rexeneración e recuperación do espazo que compartimos xunto co mercado: unha praza que está degradada e nun lamentable estado de limpeza, accesibilidade e limitado no seu uso. A escola precisa dunha actuación urxente e alternativa para manter as condicións dignas e adecuadas para todos/as: familias, nenos/as e traballadoras/es.
Dende hai meses estamos cun gran malestar, e facendo peticións. Algunhas actuacións foron realizadas no pavimento da praza,pero todos sabemos que non son suficientes.Non só estamos a falar dunhas melloras, senón dun cambio significativo onde todos e todas poidamos convivir, andar, falar e xogar nas rúas e prazas do barrio con seguridade e tranquilidade.
Nesta aposta de cambios está a ESCOLA, a escola infantil, un edificio feito xunto co mercado para “servir aos usuarios e usuarias”. O seu uso foi mudado nuns días. Cando abriu as súas portas, xa era unha escola e non un aparcadoiro de nenos.
Era o ano 1987. Case 30 anos despois, a escola segue co carácter de manter un proxecto de incorformismo por mudar e melloar as cousas. Non podemos tapar os ollos ao que rodea a escola, xa que, formamos parte do mesmo. Somos parte dun barrio, dunha praza, dun mercado… e é necesario que mellore todo, pola responsabilidade que temos de ofrecer aos nenos e nenas a posibilidade de vivir nunha cidade amable,respetuosa e sensible por eles e elas.

Á espera do “concurso de ideas” que prometeu o concello sobre praza-mercado-escola, a comunidade escolar propón nesta convocatoria aberta de investimentos a RECUPERACIÓN DA PRAZA e ESCOLA INFANTIL co obxectivo de contar con espazos e equipamentos acolledores e de encontroRecomendamos,unha ollada a portada do libro “A cidade dos nenos” Francesco Tonucci, e unha boa lectura do contido e  un primeiro paso para este “REPENSAR A CIDADE”.

Resultado de imagen de a cidade dos nenos

enlace:

https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/283

Código da proposta: 283

Recuperación dos espazos de convivencia e encontro: actuación sobre a praza, novo equipamento para a escola e revitalización do mercado.

– Creación dunha nova infraestructura-equipamento para a infancia: Escola Infantil Municipal.

– Reutilización de espazos: plaza superior e inferior, incorporación de zonas verdes, reposición de mobiliarios, accesibilidade para todos.

– Promover un espazo de encontro interxeracional onde cultura e arte formen parte da vida cotiá do barrio da man do mercado: novos usos dos postos do mercado, como o que está a facer a escola infantil coa “Tenda de Anton”, zona de uso fora do horario comercial, punto de lectura, etc.

Adxuntamos o documento elaborado por membros da comunidade educativa, onde se recollen diversas propostas de actuación. Este documento foi entregado no rexistro de Urbanismo do Concello en febreiro deste ano.

 

Pesc-ARTE

Ao longo desta semana os peixes e a imaxinación van da man. O proxecto Un artista na escola, da Fundación Barrié achéganos á escola a unha pintoraCARMINA SERRA. A experiencia conxunta presenta un xogo creativo cunha especial relevancia artística.As actividades que levamos feito estes días e que remataremos con Carmina o próximo martes serán publicada na web educabarrié.

A  imaxe da cabeceira mostra un momento de exploración de peixes na mesa de luz. Peixes de tamaños diferentes: un grande, moitos pequenos…dous medianos. Pronto as mans comezaron a establecer relacións entre eles…”foi fantástico”comprobar que a establecieron un grupo familiar, entorno á grande..unha nai (pescada) e fill@s(parrochiñas) estaban en contacto..entraban ba barriga ( aberta) e subían e baixaban por ela. Magnífico momento..dúas xardas esperaban turno..pero no forón metidas no grupo..Este momento foi silencioso, máxico e ofrécenos de novo ás maiores da escola, a oportunidade de aprender das capacidades expresivas dos nenos e nenas.Moito máis na memoria desta extraordinaria experiencia PESC-ARTE.

A que xogan os nenos e as nenas? “Fios e cores-instalación”

la foto(218)la foto(211) la foto(213)  la foto(215) la foto(216) la foto(217)la foto(225)A instalación “Fios y soño” medra no seu significado  cando os nenos e nenas xogan libremente.

Durante esta semana engadimos a esta instalación velos de cores.

Ao longo da mañá do xoves os velos foron  “atrapados ” e convertéronse no lugar para adormecer aos bonecos. Maravillosos momentos de observación para o educador mirando todo o que este “atrapar a tea” significaba para eles. Mecer, durmir,engadir,balancear,mover,..e “Fios e xoño” mantén o seu máxico nome.