reflexión sobre o nadal na escola

Xa estamos en Nadal, sen previo aviso e como sempre moi cedo.

Falar de Nadal na escola implica falar de cambios e preparativos. Lembramos cando estas datas eran un auténtico maratón de tarefas; postais,adornos,panxoliñas,turróns  e moita cinta de cores.

Aprendimos co tempo que as cousas poden facerse doutro modo, máis respetuoso e próximo aos nenos. Por soposto que temos un nacemento e unha árbore chea de cores..e tamén figuriñas e moito espumillón. O ambiente de nadal é festivo como outras festa, pero sen sentir ás présas de chegar a ter a mellor das postais, nin a mellor das actuacións..nin a panxoliña máis simpática.

Todo vai a modo, pouco a pouco chegando a gozar de cancións que falan de arrolos, de campás, de familia e das personaxes que poden causar máis dun disgusto. Pensemos como os pequenos poden apreciar tanta invasión de novedades.

Da ternura da figura do Papá Noel, o do rei mago..o neno pode responder

de moitas formas..inseguridade ou fascinación…pode chorar o mostrarse contento con eles.

Dende esta breve reseña queremos contar a  nosa forma de adicar este tempo aos nenos e nenas.

“Paseniño, paseniño vou pola terra mollada ..” ( Rosalía pequeniña.Uxia)

O domingo 14 temos unha boa  ocasión de estar xuntos escoitando,bailando e cantando cancións do grupo PIRILAMPO.

Escollemos do seu novo traballo un arrolo, pero lembramos este xa coñecido arrolo “Ollos de mel” preciosa peza musical chea de encanto e agarimo, como o Nadal que queremos vivir  entre todos nós.