O día das Letras Galegas deste ano 2018 estivo adicado a María Victoria Moreno.Escollimos o poema XA NON TEÑO MEDO que canta Félix cunha melodía preciosa.
Ao longo destes anos estamos a facer un cancioneiro da escola os poemas o adaptación de textos dos autores homenaxeados polo celebración das Letras Galegas.
Este ano incorporamos aos sons de escola un poema de Manuel María “Lavercas” que foi musicado por Felix Arias.
O luns día 16 celebraremos un acto entre “Cantos e Contos” no que participa MONCHO DO ORZÁN. Un increible e polifacético xoven, membro de diferentes agrupacións musicais, entre elas Cantigas da Terra. Moncho, achegarase á escola con seu acordeón para acompañar a Felix e interpretar melodias do seu repertorio.
Poema de MANUEL MARIA. Letras Galegas 2016
LAVERCAS
As lavercas e lavercos
no monte andais a berrar.
E como sodes tan tercos
non deprendeis a cantar. (bis)
Cando teñais laverquiños
levaillos ao reiseñor:
para deprender aos noviños
non hai un mestre mellor. (bis)
O monte estará moi ledo
e non terá soedade.
O monte non terá medo
anque teña inmensidade!(bis)
(TERRA CHA, 1954)
Laverca (Alauda arvensis). Ave común en cultivos e baldíos.Alondra
Letra galegas 2013- Aula grande