…e xa está próximo setembro

Boas de novo.

Xullo e agosto están a ser meses de actividade interna intensa na escola, xa que estamos a tomar as decisións sobre os cambios e adaptacións que o protocolo de medidas e actuacións publicado pola Consellería de Politica Social dirixe ás escolas infantís 03.

Este protocolo é un documento para orientar as decisións que temos que adoptar nas escolas e que obriga a cambios que son importantes e moi visibles para todas aquelas persoas que coñecen a escola.

Unha parte de estas medidas son visibles e evidentes; espacios e tempos que se adaptan a unha dinámica escolar que procura gardar as medidas de hixiene e seguridade que se deben adoptar. Nestas decisións as familias contan cun papel fundamental onde a colaboración e o compromiso entre todos os membros da comunidade será imprescindible no día a día.

AQUÍ TEDES O DOCUMENTO DA CONSELLERÍA,SOBRE O QUE NÓS ESTAMOS A FACER O NOSO PROPIO PROTOCOLO.

PROTOCOLO-ESCOLAS-INFANTÍS-0-3_GALICIA

As medidas tomadas pola escola están xa practicamente tomadas aínda que falta coñecer e escoitar a opinión e propostas de nais da ANPA TITONGO que nestes días teremos oportunidade de recibir na escola, para ver “in situ” lo que elas poden engadir e modificar.

Se por un lado estamos a valorar moitos aspectos da organización escolar, por outro lado a nivel municipal se  aprobaron tamén durante estes meses documentos decisivos que determinan a vida escolar.

Aprobación dun novo REGULAMENTO DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS, no que tanto dende o APA TITONGO, REPRESENTANTE DE PAIS E NAIS, como dende a DIRECCCIÓN da escola participamos facendo alegacións para contribuir a un documento xusto e actualizado do que neste momento é a  educación infantil 03 anos.

Moitas das nosas alegacións no foron aceptadas lamentablemente pero o que queda destes meses de distancia física é unha complicidade da nosa comunidade educativa en traballar da man por intentalo.

AQUÍ TEDES O NOVO REGULAMENTO.

REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS ESCOLAS INFANTÍS INTEGRADAS NA REDE MUNICIPAL REIM CONCELLO DA CORUÑA

AS DATAS DO 17 ao 21 de Agosto, matrícula para o novo curso, as familias que conten con praza ( o 14 de agosto estarán as listaxes definitivas) poden chamar á escola para comunicar a súa decisión e valorar a forma de proceder cos documentos da matrícula.

A forma de envio por correo será a mellor para todos e todas, pero teremos que coñecer outros aspectos de cada familia para optar por outra forma.

Xa sabedes que a presenza na escola terá que con cita previa e mantemos neste mes o horario presencial de 8 a 13h.

O inicio do curso escolar está de momento pendente de concreción polo concello pero a ultima información fala de o 7 de setembro.

Os horarios e servizos contan con adaptacións durante estas primeiras semanas.

Mantemos o horario de apertura de 8 da mañá e do peche da escola pasa a ser ás 16,15h para facilitar que as saídas son como as medidas do protocolo indican.

ENTRADAS- hai medidas tomadas no espazo da entrada  para este momento ( aforo limitado e organización especial do espazo)

  • de 8 a 8,50 libres- chamada porta, tempo de almorzo de 8 a 8,30h.
  • de 9 a 9,30h- entradas
  • de 9,45 a 10,15h- entradas

SAÍDAS

  • 12,30h- obrigatoria para os nenos e nenas que  non participen no xantar da escola
  • 14h
  • 15-15,15h
  • 15,45-16,15h.

O almorzo e xantar, así como os tramos horarios de (8 a 9) e de (15 a 16h) forman parte de servizos complementarios polo contan con tarifas mensuales que serán abonadas ao comezo de cada mes. Non haberá de momento posibilidade de horarios e servizos flexibles ata máis adiante.

O tempo de acollida será organizado dunha forma personalizada con cada familia para valorar e tomar decisións pensando no neno e nena,especialmente no grupo de primeiros meses.

A escola conta con facer un encontro individual breve con cada grupo familiar que comeza na escola,con facilitar información vía telemática de organización escolar ou de poder ser facer reunións-aula con un membro das familias que comezan naescola. Este encontro sería no patio sempre que sexa posible.

Nuns días, despois de compartir con nais da APA titongo el protocolo da escola, este será publicado e faremos un breve video dos cambios adoptados.

Estamos de luns a venres de 8 a 13 h.

Por teléfono 981 201223 ou correo ei.montealto@hotmail.com

 

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.