PRAZO NOVOS INGRESOS. O prazo de solicitude para novos ingresos comprenderá do 26 de xuño ao 16 de xullo (ambas datas incluídas)

NA ESCOLA INFORMAMOS DESTE PROCESO :

  • Chamando previamente por teléfono 981201223 para fijar unha hora de consulta presencial.
  • Enviando un correo  a dirección ei.montealto@hotmail.com
  • Chamando en horario de  8 :00 a 15:00 h o teléfono 622 645 881. Específico para atender información de solicitudes e proceso de matrículas.

A información que se indica a continuación  é unha copia do texto que figura na web educativa do concello.

https://www.coruna.gal/educacion/gl/rede-de-escolas-infantis

As prazas ofertadas publicaranse o 25 de xuño. O prazo de solicitude para novos ingresos comprenderá do 26 de xuño ao 16 de xullo (ambas datas incluídas)

As solicitudes deberán presentarse en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica “solicitude de praza na escola infantil 2020-2021.”

ACCEDA AQUÍ PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE PRAZA DA REDE DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS 2020-21 

1-Unha vez feita a cuberta a ficha,  o sistema elabora un documento PDF que conterá unha copia da solicitude e que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude.

2-Este documento deberase imprimir, asinar e presentar no rexistro xeral xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes.

A documentación presentarase preferiblemente a través do Rexistro electrónico do concello neste enderezo (https://sede.coruna.gob.es).

Asimesmo, tamén se poderá presentar presencialmente nos rexistros municipais ou por calquer outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

SOLICITAR CITA PREVIA IMPORTANTE: Debido a las medidas sanitarias adoptadas durante el estado de alarma es necesario solicitar CITA PREVIA

HORARIOS

Verano (15 de junio a 15 de septiembre): lunes a viernes de 08:00 h. a 13:30 h.Semana grande (primera completa después del primer domingo del mes de agosto): lunes a viernes de 08:00 h. a 12:30 h.

  • Registro Auxiliar Centro Sociocultural Ágora 981184200
  • Registro Auxiliar Fórum Metropolitano 981184293
  • Registro General Palacio Municipal 981184200

 

 

 

 

 

CARÁCTER PREFERENTE

Terán carácter preferente, sen que sexan obxecto da baremación sinalada no apartado IV (das Bases reguladoras do proceso de admisión),  as solicitudes de prazas correspondentes a nenos empadronados no Concello de A Coruña cuxas circunstancias sexan as seguintes:

  • As solicitudes correspondentes aos fillos/as do persoal que presta servizos na escola, de conformidade co sinalado no convenio laboral de aplicación. O convenio actual recolle este dereito como mellora social. A empresa xestora deberá asumir, polo tanto, o custe destas prazas de conformidade co artigo 72 do dito convenio (BOP núm. 178 de data 26.07.2019). O importe será descontado a empresa nos abonos mensuais.
  • As solicitudes de nenos e nenas que conten cun irmán/a escolarizado nunha escola da REIM a efectos de matricularse na mesma por primeira vez.
  • As consideradas de urxencia social. Enténdese por prazas de urxencia social aquelas que se atopan nas seguintes situación:
    • Menores tutelados ou en situación de garda por parte da administración autonómica.
    • Fillos e fillas de persoas que se atopen en casa de acollida ou vitimas de violencia de xénero.
    • Menores que se atopen en circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran dunha intervención inmediata.

Documentación:

Todas estas situacións enumeradas deberán acreditarse documentalmente para xustificar a súa preferencia.

  • Fillos do persoal que presta servizos na escola:
    •  certificación da empresa que xestiona a escola infantil onde se sinale que o solicitante é persoal da empresa e que ésta asume o custo da praza.
  • Nenos e nenas que se matriculen por primeria vez e conten cun irmán/á na mesma:
    • Certificado da escola e libro de familia ou documento que o substitúa que acredite esta situación.
  • Urxencia social:
    • Informe por parte dos Servicios Sociais.

No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, deberá acreditarse a concurrencia de dichas circunstancias.

En previsión de que as solicitudes non se valoren como preferentes, recoméndase permítannos acceder a comprobar os datos económicos e de padrón, debendo achegar a documentación necesaria para baremar a súa solicitude de novo ingresos con carácter ordinario.

CARÁCTER ORDINARIO

As solicitudes de novo ingreso que non teñan carácter preferente, serán obxecto de baremación de cara a asignación de prazas.

REQUISITOS DE ACCESO PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO INGRESO

  1. Poderán solicitar prazas nas escolas da REIM os proxenitores/as ou tirores/as legais dos menores que teñan ou vaian ter, como mínimo, cumpridos os 3 meses de idade o día 1 de setembro e non teñas cumpridos os 3 anos ao 31 de decembro de ese curso escolar.
  2. Poderase solicitar praza nun máximo de duas escolas por orde de prioridade.
  3. Para a solicitude de novo ingreso, será necesario que os proxenitores ou titores estean empadronados no municipo de A Coruña con anterioridade ao 1 de xanerio do ano en que se solicita a praza.
  4. Nos casos en que os país ou titores do menor residan en distintos municipios, requirese que polo menos o que convive co menor esté empadronado no municipio de A Coruña, residindo de forma efectiva neste término municipal con anterioridade a data de referencia anterior.
  5. Poderase flexibilizar o requisito da idade para aqueles/as menores con NEAE susceptibles de integración. Para iso, presentarase un informe do equipo de orientación específico ou outra entidade pública especializada no que se certifique oficialmente a discapacidade. A dirección da escola solicitada informará sobre si dispón ou non dos recursos estructurais, materiais e humanos adecuados para a atención do/a menor.
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.