Os proxectos en marcha: FORMAS DA NATUREZA.

Neste blog podedes atopar unha páxina adicada a este proxecto que dende hai meses estabamos facendo en equipo con compañeiras e compañeiros da escola OS CATIVOS, co título FORMAS DA NATUREZA.

A proposta para presentar O DÍA DE CIENCIA NA RÚA, que xa está suspendido por razóns que todos e todas coñecemos. Non queremos gardar as nosas ideas e pensamos que podemor animar dende casa a facer algunha das actividades e xogo que forman parte de este proxecto.

Sen dúbida as fiestras están a ser o noso lugar preferido para conectar co exterior, desta forma e relacionando contidos pensamos que un xogo moi interesante é o de contemplar o ceo e buscar entre as nubes formas divertidas e suxerentes. O ceo como natureza está o noso alcance,polo que a través de este vídeo invitamos a facer fotos onde as nubes estén a facer formas no ceo que podemos recoñecer.

Queda aquí esta invitación para enviar fotos a través dos correos das escolas que logo podemos subir a os blogs de cada escola.

https://www.youtube.com/watch?v=95yj3c-gz-w&feature=youtu.be

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.