SOLIDARIDADE EN MONTE ALTO ( ESCOLA – MERCADO) FITAS DE VENTO

Nesta segunda convocatoria do MERCADO SOLIDARIO HORTA MACHAMBA, tivemos a sorte de contar con moita participación e cun bo resultado de recaudación. Xa sabedes que  o diñeiro vai para as escolinhas de  Tete en Mozambique. Podedes ver no enlace as diferentes accións deste grupo de encontro entre escolas de aquí e de alá.

https://fitasdevento.wordpress.com/

O grupo da escola  Monte Alto , PAULA, CHUS, CARMEN, ANDREA, JUANA, ANA Y MONTSE  xunto coas compañeiras da escola municipal Os Cativos EMI , LUISA y FERNANDO,así como de SUSANA do colexio Jesuitas, estivemos animando a venda nos catro postos: libros e xogos educativos, prantas de interior e exterior,xoguetes e bisuteria e o gran posto de labores feitas a man. As bolsas e carteras de tea capulana tiveron gran éxito e xuntos con outras labores,logrou acaparar o interese de moitas persoas.

Tivemos a sorte de contar ca colaboración do colectivo de vendedoras e vendedores do mercado que ofrecieron vales de 5€ en cada posto. O momento da rifa foi de gran expectación. Agradecemos moito a axuda e colaboración prestada. ESTES SON OS COLABORADORES :

https://www.youtube.com/watch?v=wIAWSLPvQLg

Tivemos ocasión de ver a familias de outros anos sempre atentos ás convocatorias da escola e por suposto as nais da directiva da APA TITONGO comprometidas por traballar da man co equipo da escola.

Tamen queremos agradecer a difusión que a ASOCIACIÓN CAMPO DE PENA, de Palavea fixo na rede así como axuda de MARTÍN da quexería do mercado pola implicación nas iniciativas da escola.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Educación para la paz. Valores, eim os cativos, experiencias cas escolinhas de Mozambique, fitas de vento, SOLIDARIDADE ESCOLINHAS MOZAMBIQUE FITAS DE VENTO. Guarda el enlace permanente.