Boas noticias AS MALETAS VIAXEIRAS POLA IGUALDADE, premio en categoría infantil CONCEPCIÓN ARENAL da DIPUTACIÓN A CORUÑA.

Que ben!! estamos moi contentas polo recoñecemento ao proxecto Maletas Viaxeiras, xa que ao longo destes catro cursos moitas familias participaron con nós da proposta de xogar na casa  con elas e achegar á escola as opinións e fotografías.

A documentación destes anos forma parte do traballo presentado polo que os parabéns son dun colectivo moi amplo de familias que forman e formaron parte da vida da escola.

Compartir con CEIP SANXURXO DE CARRICARTE este premio en primaria significa algo moi importante. Un barrio onde hai iniciativas e familias moi implicadas e algo moi necesario.

Aquí os enlaces da noticia recollida estes días, e gracias polas mostras de agarimo e parabéns destes días.

https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=5092

PAXINA DO CONCELLO

https://www.coruna.gal/portal/es/ayuntamiento/noticias/detalle-noticias/la-escuela-infantil-municipal-de-monte-alto-premio-concepcion-arenal-por-la-igualdad-de-genero/suceso/

PRENSA

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2020/01/18/formarse-igualdad-base/1469026.html

https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/fotos/a-coruna-metro/2020-01-17-178304-alumnos-sanjurjo-carricarte-ganan-premio-concepcion-arenal-igualdad.html

Esta entrada fue publicada en igualdade de xénero.maletas viaxeiras.. Guarda el enlace permanente.