O MES DE ABRIL COMEZA CON MOITO RITMO

A primavera está aquí,é os bulbos e flores que foron tan coidados durante os meses anteriores, están presentes na escola.  Na entrada fixemos unha exposición da proposta cas familias MEDRANDO NA CASA, a través da imaxes que foron recollidas dos momentos de cada planta. Unha experiencia de contemplar os cambios que o tempo determina na natureza.ASÍ COMEZA ABRIL..

Para os nenos e nenas do cacho-cole un concerto RAICES no pazo da Opera o próximo día 2 de abril. Unha proposta didáctica que complementa as actividades que sobre Africa estamos levando a cabo este ano. Os ritmos e sons africanos serán os protagonistas de unha experiencia  que nos invita a entrar nun espazo adicado aos concertos e a unha nova viaxe en autobús. Ca compañia de transporte Autos Rico, realizamos un percorrido divertido e sempre cheo de comentarios por parte dos nenos e nenas: rúas e prazas do barrio, a praia, as xentes que camiñan polas rúas, comercios..todo o que observan polas fiestras do autobús invita a falar. Polo medío cancións e soniquetes.. para volver á escola  moitas veces entre sonos e gañas de contar.2 de abril- concerto RAICES. PAZO DA OPERA.

  • Para as familias, PASEO POLO MONTE XALO, sábado 6 de abril ás 16:30 guiados polo grupo de natureza HABITAT.
  • Para as nais, pais e educadoras da escola, charla informativa sobre etiquetaxe alimentario por persoal da OMIC, 9 de abril ás 17h.
  • Para as nais, pais e educadoras, charla – coloquio con DOLORES GARCÍA DE LA TORRE, psicóloga lunes 22 de abril ás 16,15h.
  • E tamén, estamos a preparar a nosa participación nos mercadillos solidarios de FITAS DO VENTO, que terán lugar no mes de maio e xuño.

Na faceta de organización escolar:

Estamos nas datas de matriculación do alumnado que está neste momento na escola, pecha o prazo de rematriculación o día 3 de abril.

  • Periodo de solicitudes do 10 ao 30 de abril , en horario de 9,30 a 10,30 todos os días e polas tardes dos martes e xoves de 15 a 17h.
  • Haberá dúas visitas informativas PORTAS ABERTAS día 16 e 26 de abril pola tarde.

O PATIO DA ESCOLA.. sempre tan importante. Contando co bo tempo subimos sempre que podemos ao patio. O comedor cambia de lugar para os nenos e nenas da aula grande,ca finalidade de favorecer o xogo neste espazo.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.