Encontros do Nadal

        O MERCADILLO SOLIDARIO

HORTA – MACHAMBA

Tapiz bordado por Rosario Castro,dende o mes de xullo,  nai de Montse e colaboradora en moitas labores da escola. Rosario conta con 82 anos   e adica moitos momentos do día e noite a favorecer o noso traballo.

Graciñas por tanta axuda!!

As avoas, e avós contan na nosa vida dunha forma importante. O apoio das familias de cada unha das compañeiras do equipo é motor da nosa ilusión e adicación á escola. Sen elas e eles, non seriamos ás mesmas.

Como escola do grupo FITAS DO VENTO, durante estes primeiros meses do curso organizamos diferentes iniciativas para chegar a ofrecer no mercadillo solidario plantas de horta, plantas de interior e exterior decorativas, árbores e macetas. Moitas donacións e ilusión en favorecer a creación e coidados das hortas nas escolinhas mozambiqueñas de Tete.

Xunto cas plantacións feitas con antelación: cebolas, faballóns, chícharos e bulbos de inverno fixemos unha recolleita de material educativo e xoguetes para enviar a Tete.

Unha viaxe ao norte de Portugal que grazas a colaboración de Jose Luis Palleiro foi posible. Aquí deixamos unha mostra do conxunto de caixas que deixamos e momentos sinlleiros do mesmo ( un marco de natureza moi fermoso en Soutelo de Braga e a recollida de laranxa tras a chegada baixo permiso)

Sábado 22 de decmbro mercadillo e concerto en directo de Félix Arias.

Andrea, Paula y Chus Con Emi, directora da escola infantil municipal Os Cativos, que xunto a Luisa e Fernando do equipo educativo estiveron con nós na actividade, e contamos ca presenza e apoio de Merce , directora e compañeira da escola infanti municipal Carricanta. Susana Vázquez de Xesuitas achegouse a participar tamén desta xornada.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.