CONTACONTOS EN FAMILIA: FABALOBA

 

Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña tivemos a ocasión de organizar na escola esta sesión de contacontos: “Un bico para Alí”, de Fabaloba, como complemento á actividade  do ano pasado, “A casa encantada de Alí”.

A través desta historia, preséntase o fantástico e amplo mundo de xogos,

contos e cancións que hoxe teñen ao seu dispor as nenas e os nenos galegos para

soñar na nosa lingua. As ilustracións amosadas no Kamishibai e as palabras de

Fabaloba van acompañadas pola música e os efectos sonoros de Luís Prego.

 Familias e educadoras gozamos durante a primeira hora da tarde do 15 de novembro.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.