E COMO NOS VAI A VIDA ? Encontro na Praia das Lapas cas familias do cole de maiores.

Setembro é un mes intenso para todos e todas, e de forma especial no momento que toca pasar da escola ao colexio. Ese gran salto ao que nos enfrontamos e que non ten de momento pontes de conexión entre o chamado 1º e 2º ciclo de infantil.
Sempre que se nos brinda a oportunidade de continuar en contacto coas familias que se van” aí estamos para coincidir e compartir xuntos” estas primeiras semanas de “unha nova etapa”, escoitar e achegar o que poida ser sempre mellor para os nenos e nenas.
Deste momento quedamos coa imaxe que María,mamá do “pequeno Leo” enviounos, onde un círculo multicolor serviunos de elemento de xogo e motivo para seguir coincidindo nun espazo de convivencia común entre familia e escola.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.