PASEO Á HORTA DA TORRE.

 

O mércores 25 tivemos a oportunidade de achegarnos de novo á horta para instalar o espantallo entre os cultivos deste espazo agrícola do barrio.

Moitas familias acompañaron a iniciativa e participaron da proposta de facer unha pequena sementeira de cabazas despois de escoitar o conto de “Corre, corre cabaciña” e cantar cos tubos ecoloxistas feitos alá polo primeiros meses do curso.

Por fin, o espantallo xa está na horta.Non pretendemos que  espante ningunha ave, si non máis ben que sexa un bo refuxio para os paxariños da contorna.

 

 

Esta entrada fue publicada en medio ambiente. Guarda el enlace permanente.