A FESTA DE ENTROIDO- PAXARIÑOS TRAPIÑOS E ESPANTALLO

 

 

 

 

 

 

 

Polas condicións climatolóxicas destas semanas tivemos que cambiar a proposta da festa de entroido, ainda que a faremos máis adiante, cando o tempo sexa un pouco mellor.Estaba todo previsto e xa estaba a información distribuida entre as familias, a asociación veciñal e o grupo naturalista Habitat que colaboraba nesta actividade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pero todo foi posible e cambiamos o roteiro polo o chamado “Pasa-mercados” onde paxariños trapiños e o espantallo, estiveron a pasear entre os postos ata chegar á Tenda de Antón onde os paxariños picaron algúnhas larpeiradas e froitas para rematar no Horto da Escola onde deixaron instalado o Espantallo. Moitas familias acompañaron o grupo e disfrutaron das canción e músicas que Félix Arias interpretó para á ocasión.Unha xornada divertida e moi dinámica  que tivo boa acollida entre o grupo de comerciantes do mercado e os veciños e veciñas.