REUNIONS E FORMACIÓN, parte da vida escolar.

Un capítulo importante da actividade das educadoras está fóra do tempo de relación directa cas nenas e nenos e cas familias. Trátase da tarefa de formación e de relación con outros profesionais e equipos de traballo de centros escolares: reunións,encontros,asistencia a obradoiros, conferencias, cursos.

Unha parte moi importante da profesión é a de  manter contactos e compartir ideas e actividades comúns.

Estos días a formación e reunións serán  moi intensas, e pensamos que pode ser interesante que coñezades o que andamos a facer fóra das horas de relación directa cos pequenos.

Luns  11

As 17:00h.Curso de formación anual -1º parte  sobre Prevención de Riscos Laborais.

As 19:00h R eunión con educadoras e mestras doutros centros para organizar propostas de traballo comúns  para as escolinhas de Tete en Mozambique.

Apertura do curso de formación Aula Abierta  on-line da DGT- curso de especialización en educación vial.

Martes 12

As 17,30h. Curso de formación sobre Saúde no medio escolar, organizado polo concello e impartido na Fundación María José Jove 1º sesión.

Mércores 13

As 16:00h Obradoiro para familias na escola, A CASA ENCANTADA DE ALÍ, organizado por Normalización Lingüística do Concello 

As 18:00h Reunión con profesorado solicitante de visita á Tenda de Antón. Información das características deste espazo educativo e organización das mesmas ao longo do curso. 

Xoves14 e martes 19 

Segunda e terceira xornada do Curso de formación de Saúde no medio escolar.

Adxuntamos información sobre estas xornadas tan interesantes e fundamentais.

ProyectoEducaSaudeAytoLCGCursoSaludenlaEscuelaInfantilCartaDic2017

ProyectoEducaSaudeAytoLCGCursoSaludenlaEscuelaInfantilPiezaGraficaCastellano