tantas cousas por contar!!

Levamos tempo sen subir información, e todo é debido a cantidade de actividades ao longo destas semanas estamos a realizar pola escola.

Alá queda o magosto na Horta da Torre, do que non podemos mostrar imaxes xa que con tanta festa non tivemos momento para facelas, pero seguro que aínda estamos a tempo de recibir algunha das que as familias e membros da asociación de veciños estiveronpor alí.

Foi unha tarde linda onde tivemos tempo para cantar, contar, andar pola rúa e pasear polo parque da Torre ata chegar á Horta. Alí merendamos castañas e todo tipo de tartas,empanadas, e sobremesas que familias e veciños aportaron.

Queremos tamén dicir, que grazas á iniciativa Normalización Lingüística do Concello, tivemos a ocasión de ter con nós na escola ao Músico Pablo Díaz, do que coñecemos moitas cancións. Destacamos a famosa QUERO SER ECOLOXISTA que levamos como lema no Anteollo familiar, como símbolo  de coidar os nosos bosques para evitar os lumes que tanto mal están a facer na nosa terra.

 

IMG_4166

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.