De novo na Horta da Torre 18 de outubro

Moitas familias participaron neste novo encontro do curso.

A visita a horta, estaba programada dende o día que recollimos na praia das Lapas as algas.

Aquela tarde chea de sol  falamos de secar as algas no patio e logo levalas á horta para servir de abono á terra das hortas.

Tal e como o dixemos, a tarde de onte estivo adicada a botar algas na terra, a coñecer un pouquiño máis as verduras, hortalizas e plantas aromáticas que están plantadas nas diferentes partes de este espazo comunitario.

Tamén fixemos un recordatorio de cancións cos nosos amigos “Moncho e Maruxa” coñecidos por todos los nenos e nenas como avó e avoa que están de aquí para alá, da aldea a cidade, para mostrar e ensinar cousas relacionadas ca terra: sementes, plantas, apeiros etc..

O momento foi moi divertido e coa colaboración dos avós e avoas plantamos leitugas e lombardas.

Coñecimos os nomes das ferramentas de labranza e xogamos con xestos de man a imitar os movementos propios do sacho, do anciño, da pala, e tamén a sementar e plantar.

Xogamos á roda e cantamos os nomes de verduras e hortalizas que comemos a diario.

Pasámolo moi ben. Estivemos acompañados por Elena, colaboradora da Asociación veciñal.

Aquí tedes as fotos da tarde na horta. Esperamos que as leitugas e lombardas medren ben co abono das algas e cas boas intencións de todos.

Ata outra!!

Esta entrada fue publicada en educación medioambiental, el huerto, familias, medio ambiente, natureza, o horto. Guarda el enlace permanente.