De novo na Horta da Torre 18 de outubro

Moitas familias participaron neste novo encontro do curso.

A visita a horta, estaba programada dende o día que recollimos na praia das Lapas as algas.

Aquela tarde chea de sol  falamos de secar as algas no patio e logo levalas á horta para servir de abono á terra das hortas.

Tal e como o dixemos, a tarde de onte estivo adicada a botar algas na terra, a coñecer un pouquiño máis as verduras, hortalizas e plantas aromáticas que están plantadas nas diferentes partes de este espazo comunitario.

Tamén fixemos un recordatorio de cancións cos nosos amigos “Moncho e Maruxa” coñecidos por todos los nenos e nenas como avó e avoa que están de aquí para alá, da aldea a cidade, para mostrar e ensinar cousas relacionadas ca terra: sementes, plantas, apeiros etc..

O momento foi moi divertido e coa colaboración dos avós e avoas plantamos leitugas e lombardas.

Coñecimos os nomes das ferramentas de labranza e xogamos con xestos de man a imitar os movementos propios do sacho, do anciño, da pala, e tamén a sementar e plantar.

Xogamos á roda e cantamos os nomes de verduras e hortalizas que comemos a diario.

Pasámolo moi ben. Estivemos acompañados por Elena, colaboradora da Asociación veciñal.

Aquí tedes as fotos da tarde na horta. Esperamos que as leitugas e lombardas medren ben co abono das algas e cas boas intencións de todos.

Ata outra!!

xogos con caixas- grupo cachocole

Xogar con caixas de cartón resulta interesante para todos e todas.
Ás poucas semanas de comezar o curso, presentámoslles no patio unha chea de caixas.
Non propomos nada, só deixamos que cada un decida o que facer, o que mirar, probar, compartir…
Miramos actitudes individuais, principalmente as súas relacións e o seu interese por indagar individualmente ou en grupo.
Estas fotos foron mostradas ás familias na primeira reunión do curso, co obxectivo de promover preguntas e un diálogo que nos resulte útil para educadores e nais/pais sobre o valor que o xogo libre e con materiais simples ten na infancia.

O noso está na praia

Os trapiños son elementos de xogo continuo, son ademais propios.Cada neno e nena recoñece o seu e tamén o dos seus compañeiros.
Deixamos os trapiños colocados dunha forma determinada na area, enganchados por unha pequena madeira co fin de que o vento non llos levase antes de tempo.Algas entre eles daban forma ao conxunto. 
Esperabamos un encontro dos nenos e nenas con algo persoal e común á vez. Que farán cando o vexan?

 

ALGAS NA PRAIA DAS LAPAS

 
Na praia das lapas
O tempo acompañounos esta tarde otoñal para que pudieramos gozar deste primeiro encontro do curso.
Vernos fóra da escola xa é importante, pero tamén xogar de novo con palas e anciños, correr pola beira, sentir o mar moi preto.
Xunto con esta intención, a idea de observar e recoller algas e recoñecer a súa función no mar o seu aprovechamiento e tamén coidados de protección e respecto polo medio ambiente. 
 
Máis información no blog de voz natura da escola ao longo destes días, con todas as fotos da tarde.
O 18 de outubro terá lugar o segundo encontro na Horta da Torre (horta comunitaria Asociación Veciñal Monte Alto)
As algas que están a secar no patio serán levadas para facer de abono.