Comezamos..familias e amig@s..

Dende o día 5 de setembro estamos na escola. Xa estamos a coller rutinas e tranquilidade na entrada e podemos disfrutar de momentos comúns.

Os momentos de almorzo son placenteiros e os sonos cada día   máis prolongados.

Este sábado tivemos a posibilidade de estar xuntos fóra da escola visitando cas familias doutras escolas a explotación LABRECOS en Cesuras, que son  membros da asociación de Agricultores Ecolóxicos de Galicia ALEGA.

Para chegar collimos a estrada de Oza a Cesuras que  é unha marabilla, e a súa xente estupenda  como poidemos comprabar con todos e todas os agricultores que estiveron con nós.

 

Moitas grazas a Caracola, escola da Reim, por facilitar a nosa achega.

Aquí unhas fotos da actividade e noso agradecemento a familia Souto Amor que levaron a Moncho e Maruxa de novo á aldea. Con Rosalia e Eleonora marcharon tamén as zocas viaxeiras para pisar e andar pola terra sen preocupación de manchar o mollar o calzado.

Fixemos preguntas sobre a forma de sementar, plantar e recoller. Falamos dos abonos e da das plagas. Dentro duns días poderemos coñecer os produtos que poden ofrecernos semanalmente á escola e familias.

Os luns serviran directamente da horta.
Recoller amorodos, ver bichiños como saltóns, comer tomates..fermosa mañá!!

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.