Chegan as vacacións !!

Levamos xa unhas semanas recollendo, lavando, gardando, seleccionando.. os materias para telos preparados para o novo curso.

Lavar os trapiños e secalos á sol é unha tarefa divertida e tamén necesaria para deixar todo listo. Cando lavamos os trapiños sabemos que finaliza algo moi importante, e comeza unha nova aventura. 

Dentro de poucas semanas estaremos de novo sacando e gardando, lavando e xogando, falando e cantando.

Para todos os peques do cacho-cole que a aventura do cole de maiores sexa moi feliz

Nós estaremos aquí cas portas sempre abertas

Unha aperta familias moi grande e ata setembro!!

ENCONTRO CO CEO PARA PECHAR O CURSO

MÚSICA E ARMONÍA

O encontro foi posible a pesar do mal tempo, xa que entre todos e todas estamos sempre sacamos o ánimo para seguir adiante.

Non pasaba nada, non hai estrelas á vista, pero contamos coas voces e guitarras de Félix Arias e Fran Gulín. Música para chegar ata Mozambique ca proposta de “Cintas de Vento”

graciñas !!

O venres pasado tivemos a oportunidade de aprender do ceo da man dos tres membros da Agrupación IO. Estivemos dende antes das 9 da noite falando na escola e compartindo con eles as nosas propostas para motivar aos pequenos polo mundo da observación do ceo.

Foi moi grata a noite, aínda que a choiva miúda nos menhires fixo que non poideramos observar as estrelas. Pero alí xuntámonos a pesar da choiva e o mal tempo para contemplar o ceo. Cantamos, falamos, tomamos larpeiradas e doces,así como chocolate quente.

Sonia Iglesias das escolas de Tete de Mozambique estivo tamén con nós.

  

venres 28 de xullo, quedamos para mirar estrelas.

Da man da Agrupación Astronómia IO teremos unha nova posibilidade de mirar ó ceo o próximo venres, a partir das 11 da noite na zona dos Menhires na Torres de Hércules.

A través de telescopios e a simple vista poderemos contemplar xuntos as estrelas, a lúa e os astros posibles. Antes deste encontro, teremos unha reunión previa na escola ás 21h.para falar do que logo poderemos observar na noite.

Teremos a oportunidade de escoitar e saborear.

  • Música de noite con Félix Arias e posiblemente a actuación “estelar” de Fran, autor da canción “Cintas de Vento”.
  • Chocolate e larpeiradas para grandes e pequenos.

 

UN FERMOSO ENCONTRO POLO 30 ANIVERSARIO DA ESCOLA

O pasado venrés día 30, festexamos que esta escola leva en funcionamiento dende o ano 1987, máis concretamente dende o 5 de maio.

Estivemos de novo con moitos mozos e mozas que xa están cerca dos  trinta e outros que xa son moitos máis maiores.Volver a falar cOas familias de aqueles anos, coas que mantemos aínda hoxe unha relación afectuosa, e tamén coas compañeiras que ao longo deste percorrido, formaron parte do equipo educativo da escola, foi algo impresionante e que non esqueceremos nunca.

Unha gran ilusión e moita alegría por  lograr de novo os contactos, teléfonos, correos…e ofrecer unha escola de lembrazas e amistades.

Foi para nós moi grato este día e aínda que non logramos localizar e contactar con toda as familias, se queremos extender o noso agradecemento a todos os que pasaron tempo e compartiron parte da súa infanciacon nós.

Aquí vai unhas imaxes da tarde..grazas Paula. Esperamos moitas máis.