ENCONTRO DE 30 ANOS DE ESCOLA

O próximo venres día 30 de xuño ás 19h, teremos a escola aberta para que todas aquelas persoas;grandes e pequenas, profesionais,familias, colaboradores e amigos..que formaron e forman parte da vida  do centro,

Brindamos un tempo e espazo en común para celebrar que dende 1987 a escola mantén un proxecto para a infancia apegado a vida das familias, do barrio e a cidade.

Lembranzas de todo tipo; teas, mandilóns, vasos, debuxos, roupa, carteis, bolsas,recortes de prensa, fotografías,música,,xunto coas voces e a presenza de todos aqueles e aquelas que teñen “morriña ” do que foi o seu tempo de escola.

Esperámosvos!!

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.