ENCONTRO DE 30 ANOS DE ESCOLA

O próximo venres día 30 de xuño ás 19h, teremos a escola aberta para que todas aquelas persoas;grandes e pequenas, profesionais,familias, colaboradores e amigos..que formaron e forman parte da vida  do centro,

Brindamos un tempo e espazo en común para celebrar que dende 1987 a escola mantén un proxecto para a infancia apegado a vida das familias, do barrio e a cidade.

Lembranzas de todo tipo; teas, mandilóns, vasos, debuxos, roupa, carteis, bolsas,recortes de prensa, fotografías,música,,xunto coas voces e a presenza de todos aqueles e aquelas que teñen “morriña ” do que foi o seu tempo de escola.

Esperámosvos!!

Comezan as despedidas

O grupo de alumnas s que remataron as práctica   na escola durante estes meses, está formado por Marta, Gema, Lara e Noelia. A colaboración entre todas foi moi especial. Grazas pola súa presenza e apoio.

Ata sempre!!

o menú da semana

Luns 12 de xuño  terá lugar ás 17:30h. a charla sobre ALIMENTACIÓN SAUDABLE a cargo da DIETISTA ANA AMOR. NA AULA GRANDE.PARA PAIS,NAIS E COMPAÑEIR@S DE ESCOLAS.

 

O VENRES 16 FESTA DE FIN DE CURSO NO CENTRO CÍVICO MONTE ALTO

ÁS 17:30H. DESPEDIDA MOI ESPECIAL PARA O GRUPO DE CACHO-COLE E XUNTANZAS DE FAMILIAS DE TODA A ESCOLA.

 

O VENRES 30 DE XUÑO, FESTA30 ANIVERSARIO DA ESCOLA.

PARA TODOS E TODAS OS QUE FORMAN PARTE DA GRAN FAMILIA DA ESCOLA, DENDE 1987 ATA HOXE.

REENCONTRO CA ESCOLA. TARDE DE PORTAS ABERTAS DENDE AS SETE DA TARDE.

 

UN ANO MÁIS EN VOZ NATURA

  O sábado alí estuvimos xunto con moitos centros de toda  Galicia na festa de VOZ NATURA. No recuncho habitual expusimos a representación do proxecto medioambiental.

 

  Juana colleu  con moito agarimo,o coello dos compañerios do centro Apolonia de Santiago . O coello estaba encantado e Juana tamén.