Na Horta da Torre o pasado venres

O pasado venres tivemos o encontro para festexar que a Horta Comunitaria da Torre, onde  plantamos e sementamos hai unhas semanas, está xa fermosa, con moitas hortalizas e verduras crecidas e preparadas para a colleita. 

Tivemos a oportunidade de facer un sorteo de leitugas, grazas á colaboración da asociación veciñal , que deixou para nós  uns exemplares magníficos.

Decirvos, que agradecemos moito a asistencia e complicidade de todos e todas  co equipo de educadoras.  Pasámolo  moi ben, e comprobamos como e posible que  calquera lugar do noso barrio ( prazas, mercado,rúas e tamén horta e parque) bríndannos  estupendas oportunidades para o encontro de grandes e pequenos.

Ó final da tarde unha homenaxe ao aire  que cun vento sempre moi activo, nesta parte do barrio, favorece o xogo con cometas e cintas de vento. Por primeira vez escoitamos con familias esta marabillosa canción “Cintas de vento” creada por Fran, pai de Candela maior.

Unha música encantadora,  feita cunha especial sensibilidade para que sexa compartida, bailada e cantada por moitos  pequenos e maiores de aquí e de acolá.

 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.