O xoves estivemos na Casa Museo María Pita e na Fundación Luis Seoane. Foi unha mañá plena de actividade, moi interesante para todos e todas, xa que enchemos o tempo de cousas diferentes; visitar espazos novos, andar pola cidade vella, disfrutar da viaxe en autos Rico, coñecer obxectos e obras curiosas, compartir espazos de diferentes dimensións.. unha gran experiencia!!
Coñecer a obra da ilustradora-amiga Sara Iglesias e comprender polas súas palabras o significado dos debuxos que realiza. Actividade diferente e creativa.
Esta mañá visitamos tamén a Fundación Luis Seoane, un espazo marabilloso con moitas posibilidades para observar obras artísticas de estilos diferentes. A proposta inicial para o grupo era pegar libremente cintas de cor azul polo espazo.
Contemplamos durante un anaco de tempo a exposición de Xabier Correa Corredoira”Os días pintados onde as figuras de corpos e rostros invitáronnos a imitar posturas e xestos.
Para rematar fixemos unha parada nunha zona máis tranquila onde descobrimos algo fascinante..un obxecto, area, movemento, debuxo…
Alí deixamos a fascinante “instalación” que resultou un motivo para inventar entre todas as maiores un relato inventado do seu significado. Fascinante día.
Graciñas a Bea da Concellería de Cultura e o persoal da Casa Museo María Pita, por facilitar a nosa visita, a Sara Iglesias pola súa dedicación á escola, e as compañeiras de prácticas por compartir a aventura da viaxe de aprender.