As maletas viaxeiras

A proposta das MALETAS VIAXEIRAS contará dende o 5 de xuño de dúas  maletas novas:

maleta viaxeira do varredor -varredora

maleta viaxeira da xardineira- xardineiro

Grazas a intensa demanda das maletas dos oficios, decidimos facer a proposta de oficios máis relacionada co coidado e limpeza do medio ambiente.Esperamos que sexan de novo solicitadas de aquí a fín de curso.

SABADO 3 DE XUÑO CITA EN ACEA DA MA- VOZ NATURA

O próximo sábado participamos na exposición de traballos e festa de fin de curso do programa VOZ NATURA. O proxecto “Antón Pirulero e a patrulla verde” terá un espazo no recinto que a organización dispón para os centros participantes.

Grazas a  axuda económica que a Fundación Fernández Latorre  presta á escola mercamos as ferramentas,terra,abono,prantas,sementes, e outros materiais necesarios para realizar as actividades e plantacións tanto no patio como na horta da Torre. Esperámosvos nesta xornada que enche o parque de Acea da Ma no Burgo de propostas de xogos para os pequenos e maiores. É importante ter en conta a cantidade de tráfico e dificultades para aparcar na zona do Burgo este día, xa que a convocatoria é a nivel de toda Galiza.

 

Grupo da Aula Grande na Bebeteca do Ágora

O mércores 24 de maio, o grupo de nenos e  nenas desta aula coñeceron e disfrutaron xunto cos seus acompañantes e familias, dos contos que as responsables da bebeteca prepararon. Todo o grupo estaba moi contento de volta a escola, xa que a experiencia de viaxar xuntos no autobús e escoitar contos marabillosos é sempre motivo de alegría.

Un aplauso as compañeiras do Ágora por favorecer o acercamento a espazos moi valiosos para grandes e pequenos a través dos libros e contos.

Máis fotos da horta da Torre.

preparados listas xa..comezamos

Benvidos e benvidas a Horta da Torre.. 

Moncho e Maruxa, personaxes de escola están con nós para mostrar o mellor da vida cerca da natureza e as tarefas adicadas á terra.

Con pés na terra e cas zocas viaxeiras emprendemos a festa

Dentro e fóra da horta pasamos unha tardiña de primavera moi especial.

Lembramos onde están as verduras e hortalizas que plantamos alá polo mes de marzo, 

diferenciamos polo olor as plantas aromáticas

cantamos, xogamos e escoitamos contos

e tamén xogamos co aire e os papaventos

Miramos, corrimos,e pásamolo ben.

e logo tivemos un sorteo especial

leituga ecolóxica de monte alto 

A colaboración ca Asociación Veciñal Atochas Monte Alto e a participación en Voz natura fixeron posible chegar ata aquí.

grazas a todos e todas.

Día dos museos: 18 de maio

O xoves estivemos na Casa Museo María Pita e na Fundación Luis Seoane. Foi unha mañá plena de actividade, moi interesante para todos e todas, xa que enchemos o tempo de cousas diferentes; visitar espazos novos, andar pola cidade vella, disfrutar da viaxe en autos Rico, coñecer obxectos e obras curiosas, compartir espazos de diferentes dimensións.. unha gran experiencia!!

Coñecer a obra da ilustradora-amiga Sara Iglesias e comprender polas súas palabras o significado dos debuxos que realiza. Actividade diferente e creativa.

.    

Esta mañá visitamos tamén a Fundación Luis Seoane, un espazo marabilloso con moitas posibilidades para observar obras artísticas de estilos diferentes. A proposta inicial para o grupo era pegar libremente  cintas de cor azul polo espazo.

Contemplamos durante un anaco de tempo a exposición de Xabier Correa Corredoira”Os días pintados onde as figuras de corpos e rostros invitáronnos a imitar posturas e xestos.

 

Para rematar fixemos unha parada nunha zona máis tranquila onde descobrimos algo fascinante..un obxecto, area, movemento, debuxo…

Alí deixamos  a fascinante “instalación” que resultou un motivo para inventar entre todas as maiores un relato inventado  do seu significado. Fascinante día.

Graciñas a Bea da Concellería de Cultura e o persoal da Casa Museo María Pita, por facilitar a nosa visita, a Sara Iglesias pola súa dedicación á escola, e as compañeiras de prácticas por compartir a aventura da viaxe de aprender.

 

Unha nova planta de tomate no Horto de Antón ( patio da escola)

“O horto da escola e particular cando chove e se molla como ….” cantamos cada día..

O horto medra moito estas semanas, e máis aínda cando engadimos novas plantas. O venres pola mañá a familia de Livia trouxo unha planta de tomate “Cherry”.

Creamos nun momento a comitiva de benvida e no patio fixemos estas fotos para compartir con todos vós. Graciñas familia pola vosa colaboración e contamos con coidar moi ben os tomates.

 

 

 

 

 

Na Horta da Torre o pasado venres

O pasado venres tivemos o encontro para festexar que a Horta Comunitaria da Torre, onde  plantamos e sementamos hai unhas semanas, está xa fermosa, con moitas hortalizas e verduras crecidas e preparadas para a colleita. 

Tivemos a oportunidade de facer un sorteo de leitugas, grazas á colaboración da asociación veciñal , que deixou para nós  uns exemplares magníficos.

Decirvos, que agradecemos moito a asistencia e complicidade de todos e todas  co equipo de educadoras.  Pasámolo  moi ben, e comprobamos como e posible que  calquera lugar do noso barrio ( prazas, mercado,rúas e tamén horta e parque) bríndannos  estupendas oportunidades para o encontro de grandes e pequenos.

Ó final da tarde unha homenaxe ao aire  que cun vento sempre moi activo, nesta parte do barrio, favorece o xogo con cometas e cintas de vento. Por primeira vez escoitamos con familias esta marabillosa canción “Cintas de vento” creada por Fran, pai de Candela maior.

Unha música encantadora,  feita cunha especial sensibilidade para que sexa compartida, bailada e cantada por moitos  pequenos e maiores de aquí e de acolá.

 

 

Na horta da Torre o venres 19 ás 17h.

A tarde do venres está dedicada a festexar a sorte de ter unha horta onde aprender e disfrutar da terra e ver medrar as verduras e hortalizas.

As verduras e hortalizas logradas ao longo destes meses tanto Na Horta de Antón, no patio da escola como na Horta da Torre son una mostra da tarea agrícola que tamén podemos facer nunha cidade con pouco espazo.

Fermosa colaboración ca Asociación Veciñal Atochas Monte Alto e coa axuda do certamen Voz Natura.

Esperamos veros na horta o próximo venres.