PASENIÑO PASENIÑO- 18 DE ABRIL POLA TARDE celebración

 

A experiencia de “Paseniño, paseniño vou facendo camiño” leva dende o curso 2015/16 presente na escola, e o martes 18 celebra cun paseo polo barrio acompañadas da organización STOP ACCIDENTES* e logo na praza do mercado, diante da escola, a entrega do Premio da DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO pola presentación deste traballo á convocatoria de “Proxectos de educación vial”.

 

Para esta gran ocasión tan especial contamos ca presenza da delegada de Tráfico Provincial, de técnicos da delegación na cidade, de responsables municipais e tamén e moi especialmente dos colaboradores que axudaron a levar adiante esta idea.

As educadoras infantís Iria e Tania, a mestra e ilustradora Sara Rodríguez, e  o músico Félix Arias.  Esperamos que as familias e especialmente os nenos e nenas de cursos anteriores podan achegarse para celebrar todos xuntos este logro da comunidade escolar e lembrar cancións e personaxes creados para esta idea.

O paseo comezará ás  17 h. na rotonda da Ronda de Monte Alto. Faremos así un cachiño da ruta Torre e seguiremos as pegadas da rás  “A.N.C,A.S” dirección escola.

As 18h. iniciaremos o acto festivo.

Esperámosvos!!!

 

Esta entrada fue publicada en a cidade, colaboración en educación infantil, familias, mobilidade, movilidad, Música, Paseniño, paseniño vou facendo o camiño. Guarda el enlace permanente.