Daniel é Bombeiro

O xoves 9 de marzo tivemos a oportunidade de coñecer o traballo do papá de Kinga.

Os días antes da súa visita estivemos a falar da auga, do fume e  conseguimos a roupa para que Sara o recibira como Bombeira.


 

Pero o chispeante FUGUS apareceu xunto a nós

TODOS PARA ATRÁS- DIXO DANIEL

AQUÍ TEÑO A COUSAS NECESARIAS PARA ACHEGARME A FUGUS SEN PERIGO

O CASCO

O CALZADO

OS PANTALÓNS

AS LUVAS

 

CANDO LEVA TODO POSTO, TAMÉN A BOMBONA DE AIRE..

COMO FALA?

COMO ESCOITA?

APRENDIMOS QUE LEVA CONEXIÓNS POR DENTRO

 

E

 DEBAIXO  DE TODO AQUELO ESTABA O PAPA DE KINGA, POR ISO NON TIVEMOS  MOITA DIFICULTADE EN VER O RESULTADO FINAL DA SEU UNIFORME, AINDA QUE NALGÚNS MOMENTOS ALGÚNS NENOS E NENAS NECESITARON TEMPO PARA ACEPTAR OS CAMBIOS QUE ESTABA A DAR.

A MANGUEIRA

PREPARADO PARA ACERCARSE A FUGUS E..

FACELO PEQUENO, MOI PEQUENO

FUGUS DIXO QUE HOXE NON FARÍA DAS SÚAS …QUE ESTABA PARA FACER BEN…

 

ENTÓN DANIEL DIXO…VALE QUEDA CON NÓS, PERO SEMPRE AMODIÑO.

 

 ASÍ APRENDIMOS COMO FUGUS DE VEZ EN CANDO É PERIGOSO PARA NÓS, E TEMOS QUE ESTAR MOI LONXE…E CHAMAR SEMPRE AOS BOMBEIROS 

 GRAZAS DANIEL POR ACERCARNOS Ó TEU TRABALLO Á ESCOLA E APRENDER A PREVENIR ACCIDENTES

 

  

Daniel estivo con nós para achergarnos moitos elementos imprescindibles do seu traballo :a roupa,calzado,bombona de aire, casco, luvas, mangueira,auga.

Coñecimos como é a comunicación cando levan todo enriba e apenas poden verse  entre compañeir@s polo fume o humo. Escoitamos consellos sobre a precaución que temos que ter na casa, principalmente na cociña.

Tamén falamos do lume de hogueras, de incendios de bosques, da lareira e chimeneas na aldea, de cando vemos facer o churrasco nas barbacoas… e como sempre temos que estar alonxados  do que está quente , ardendo o bota fume. Situacións moi perigosas para os nenos e nenas.

Pero tamén sabemos que o calor  é necesario para cociñar, quentar a auga, estar máis quentes na casa ca calefacción.

Por tanto o calor/ fume non sempre é malo. FUGUS é a personaxe creada na escola para falar da seguridade e prevención sobre este tema. Fugus representa unha  chispa que ás veces é grande e perigosa e outras  é pequena e necesaria.

Moitas grazas aos bombeiros e bombeiras polo seu traballo tan necesario e importante para a nosa seguridade.

 

Daniel facilitou material para a escola editado polo concello, temos exemplares para prestar.

 

Esta entrada fue publicada en colaboración en educación infantil, EDUCACIÓN PARA A SAÚDE, familias, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.