PASARRÚAS polo barrio, a nosa festa de entroido

O pasado xoves día 23 pola tarde celebramos nas rúas do barrio de Monte Alto esta festa tan  popular  e tradicional, facendo  un paseo todos xuntos.  Visitamos  aos comerciantes que traballan a diario cas mans dunha forma moi particular: os  zapateiros e zapateiras, os perruqueiros e perruqueiras, os carpinteros e carpinteiras, os mecánicos e mecánicas de coches e motos e tamén modistas e modistos que cosen e arranxan a roupa. Todos e todas foron moi amables e tivemos a sorte de pasar ó interior dos comercios  onde contan coas  ferramentas necesarias para poñer a punto os  coches,motos,zapatos, roupa, e tamén os nosos pelos.

Sabela, Lorga,Moyla, Manuel, Tato e Segundo..son profesionais do noso barrio onde atopamos un trato familiar e moi amable.

“GRACIÑA COMERCIANTES DO BARRIO DE MONTE ALTO”.

Aquí de seguido as fotos do pasarrúas, onde os maiores estaban disfrazados de RUTAS,xa sabedes.. TORRES,HÉRCULES,SEREIÑA, GAIVOTAS..e os pequenos dos oficios.

Acompañados da música en todo momento, lembramos “vellas cancións” que falan de motos, zapatos de cartón, fios e botóns,martelos e coches, pero tamén cantamos as nosas propias cancións de Félix Arias para as rutas.

Rematamos no Campo de Marte cunha merendiña popular. Ata pronto!!

 

Mañá quedamos nas Hortas da Torre ( horta urbana educativa- comunitaria)

https://avvatochasmontealto.files.wordpress.com/2016/12/125_1892.jpg

A escola colabora ca Asociación veciñal Atochas Monte Alto na actividade de promover actividades relacionadas ca educación ambiental e o  aproveitamento e rexeneración do espazo urbano. No  proxecto medioambiental  de Voz Natura participamos na actividade de aproximar aos nenos e nenas a riqueza da terra, observando e realizando tarefas de posta en marcha dun horto na escola,  e nesta convocatoria participando na achega de  sementes e plantas no horto educativo- comunitario da Asociación Veciñal.Maña queremos facer un pequeno acto de presentación da Horta.

Estades convidados a acompañarnos andandano dende a escola (16,30h) o ben quedando xa nas hortas ás 17h. Levaremos ferramentas e útiles de labranza para mostrar aos nenos e nenas as labores agrícolas básicas.

Coñeceremos tamén a través de contos e personaxes a importancia do vento,  auga, sol  e dos bichiños e paxaros nos cultivos da horta. E non faltarán os sons e músicas que tanto nos gustan.

http://mas.laopinioncoruna.es/canales/graficos//archivos/2194/grafico.jpg

A Casa das Ciencias e Planetario, próxima saída, xoves día 9

KODAK Digital Still Camera

Xa estamos preparando unha nova viaxe, e esta vez poderemos chegar moi lonxe, tan lonxe como para disfrutar da lúa, dos planetas e especialmente dun espazo cheo de xogos e materiais para observar e aprender.

O planetario é un espazo  fascinante, diferente pola súa forma  circular onde o teito énchese de estrelas,debuxos,..pero para que esto ocurra, as luces, como no cine e moitas veces na escola, apáganse para ver mellor o que esconde o universo.

Os voluntarios para facer esta nova saída poden apuntarse, sempre e cando entendan que estamos para facilitar as educadoras a súa organización e planificación da visita.

Aquí están as sesións onde novos e novas viaxeiras e viaxeiros toman contacto ca astronomia. Proximamente máis noticias deste evento.

 

KODAK Digital Still Camera

KODAK Digital Still Camera

KODAK Digital Still Camera