Día Mundial do Dereitos das Nenas e Nenos

O pasado sábado 19 a tenda de Antón estivo aberta para festexar O día dos dereitos do Neno e o recoñecemento que dende Unicef foi otorgado a esta experiencia como unha boa práctica para a Infancia.

O día 15 en Santander recibimos este galardón nun acto celebrado no Pazo da Magdalena.Xunto con Merce da EIM Carricanta e as compañeiras da Fundación Meniños, concello de Vigo, Ourense e Castrelo do Miño formamos a representación galega das actuacións que esta convocatoria recoñece como Boas Prácticas e Cidades Amigas.

É unha satisfacción contar para esta iniciativa da escola cun galardón tan significativo e que certifica que este espazo educativo pensado para os nenos e nenas da escola é unha experiencia que favorece a presenza e participación dos nenos e nenas na comunidade.

CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO

Artigo 31″O neno ten dereito a xogar, a descansar, a divertirse e a realizar as actividades que máis lle gusten”

KODAK Digital Still Camera

KODAK Digital Still Camera

KODAK Digital Still Camera

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.