http://stopaccidentes.org/asociacion-de-victimas-de-accidentes-de-trafico-en/galicia/gmx-niv29.htm
O xoves 27 ás 17h.tivemos nais e educadoras un encontro ca responsable en Galicia de STOP ACCIDENTES, Jeanne Picard.
Xunto con Davinia,Ángela e Jeanne ao longo destes meses, mantivemos un traballo de coordinación para implantar na escola O CAMIÑO SEGURO.PROXECTO A.N.C.A.S.
A súa proposta é moi similar a nosa de PASENIÑO PASENIÑO- AS RUTAS, pero a diferenza é que nunca pensaron en facelo dende idades tan tempranas. A nosa proposta de AS RUTAS foi ben acollida e decidimos emprender un camiño común ca finalidade de pór en marcha estas rutas coas súas rás.” As rás de Santo Antón”
Non era a primeira vez que escoitabamos a Jeanne Picard falar da súa visión sobre o problema de compaxinar a velocidade, a seguridade e a vida, na sociedade actual. Jeanne mostra unha postura crítica sobre a publicidade, as empresas do motor, os intereses dos países con industria automobilística e en xeral sobre a sociedade de consumo e os hábitos de “a maior velocidade mellor son as cousas”.
Recoñecen que é a familia, de forma exemplar e a fonte destas aprendizaxes onde deben ser iniciadas, para promover no neno e nena, hábitos de mobilidade saudable e de consumo controlado.
Falamos do importante que é o modelo de actuación do pai e nai, e as primeiras actuacións como é a do uso da silla no automóbil.
Temos na escola información para entregar ao longo desta semana sobre os sistemas de retención infantil.
Aquí o enlace do documento PDF da DGT.
[PDF]Sistemas de Retencion Infantil DGT – Dirección General de Tráfico
EANNE PICARD MAHAUT
Delegada y portavoz de la Cdad. de Galicia y Asturias
Delegada de Asuntos Internacionales
Sede Galicia.
Avd. de Oza (Gral Sanjurjo) 8, 1º D local C . 15006, A CORUÑA
Tel.: 0034+ 981 289 368 / 0034+ 667 309 450
Horario de atención: Lunes a Viernes de 10:00 a 14:00 h y de 16:00 a 20:00 h