Encontros nas aulas: 4 e 5 de outubro ás 17h.

A vida da aula e de escola.

Ao longo do martes día 4 e mércores día 5 de outubro organizamos os encontros cos pais e nais dos nenos e nenas de cada un dos grupos da escola. Tamén faremos un balance destas primeiras semanas de curso e do inicio das rutinas diarias de escola e aula.

En cada unha das reunións as educadoras informan dos aspectos máis xerais da vida diaria do grupo  e das propostas de actividades ao longo da semana. Tamén teremos a oportunidade de coñecer as nais responsables este curso de levar a Anpa, e os proxectos iniciais que a escola ten deseñados para desenvolver ao longo do mesmo.

Durante este encontro se entregará información da escola: chándal-apa-carnet de biblioteca etc..

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.