Taller con JEANNE PICARD.STOP ACCIDENTES GALICIA

http://stopaccidentes.org/asociacion-de-victimas-de-accidentes-de-trafico-en/galicia/gmx-niv29.htm

ancas

O xoves 27 ás 17h.tivemos nais e educadoras un encontro ca responsable en Galicia de STOP ACCIDENTES, Jeanne Picard.
Xunto con Davinia,Ángela e Jeanne  ao longo destes meses, mantivemos un traballo de coordinación para implantar  na escola O CAMIÑO SEGURO.PROXECTO A.N.C.A.S.
A súa proposta é moi similar a nosa de PASENIÑO PASENIÑO- AS RUTAS, pero a diferenza é que nunca pensaron en facelo dende idades tan tempranas. A nosa proposta de AS RUTAS foi ben acollida e decidimos emprender un camiño común ca finalidade de pór en marcha estas rutas coas súas rás.” As rás de Santo Antón”

Non era a primeira vez que escoitabamos a Jeanne Picard falar da súa visión sobre o problema de compaxinar a velocidade, a seguridade e a vida, na sociedade actual. Jeanne mostra unha postura crítica sobre a publicidade, as empresas do motor, os intereses dos países con industria automobilística e en xeral sobre a sociedade de consumo e os hábitos de “a maior velocidade mellor son as cousas”.

Recoñecen que é  a familia, de forma exemplar e a fonte destas  aprendizaxes onde deben ser iniciadas, para promover no neno e nena, hábitos de mobilidade saudable e de consumo controlado.
Falamos do importante que é o modelo de actuación do pai e nai, e as primeiras actuacións como é a do uso da silla no automóbil.

Temos na escola información para entregar ao longo desta semana sobre os sistemas de retención infantil.

Aquí o  enlace do documento PDF da DGT.

 

EANNE PICARD MAHAUT
Delegada y portavoz de la Cdad. de Galicia y Asturias
Delegada de Asuntos Internacionales

Sede Galicia.
Avd. de Oza (Gral Sanjurjo) 8, 1º D local C . 15006, A CORUÑA
Tel.: 0034+ 981 289 368 / 0034+ 667 309 450
Horario de atención: Lunes a Viernes de 10:00 a 14:00 h y de 16:00 a 20:00 h

XA ESTAMOS EN MARCHA!!

As clases con FELIX son  os martes pola mañá, comezo 8 de novembro.

As  clases de inglés con PATRICIA son os mércores. Comezaron neste mes outubro

A organización é por grupos de idade

“El periodo para solicitar el paso del recibo del ANPA con el del mes de noviembre de la escuela expira. Recordamos a todos aquellos que estén interesados en hacerse socios y contribuir así al pago de las actividades de inglés (que ya empezó) y música (que empezará en noviembre) que podrán hacerlo a través de un ingreso en esta cuenta:
ABANCA ES14 2080 0086 2930 0003 2020.

En la circular al número le faltaba un 0 y pedimos disculpas por el error. Si lo hacéis a través de este medio, recordad indicar el nombre y apellidos del niño y el aula en la que está. Las cuotas son 48 euros para las familias con un solo niño en la escuela y 64 para las que tengan más.

Por otra parte, la reunión de inicio de curso, que iba a ser a finales de octubre, será pospuesta. Esperamos poder celebrarla lo más pronto posible. Un saludo a todos!

Directiva da ANPA: María y Marta – grupo aula grande.

Correo da ANPA TITONGO: apatitongo@gmail.com

 

Encontros nas aulas: 4 e 5 de outubro ás 17h.

A vida da aula e de escola.

Ao longo do martes día 4 e mércores día 5 de outubro organizamos os encontros cos pais e nais dos nenos e nenas de cada un dos grupos da escola. Tamén faremos un balance destas primeiras semanas de curso e do inicio das rutinas diarias de escola e aula.

En cada unha das reunións as educadoras informan dos aspectos máis xerais da vida diaria do grupo  e das propostas de actividades ao longo da semana. Tamén teremos a oportunidade de coñecer as nais responsables este curso de levar a Anpa, e os proxectos iniciais que a escola ten deseñados para desenvolver ao longo do mesmo.

Durante este encontro se entregará información da escola: chándal-apa-carnet de biblioteca etc..