Rematando o curso e aínda estamos con novas.

Estamos a recoller  as fotos que precisamos para preparar as rutinas de aula:

      Fotos para o curso 2016 -17 ( tamaño carnet, tamaño 9×6 e tamaño 10×13) foto de familia.

 

  • Autorizacións para a aplicación TOPAKK de información ás familias : antes de xullo rogamos que todos os que estes días estades pola escola confirmedes esta autorización.
  • Entrevistas cas novas familias ao longo destes días finais de xullo, a última semana de agosto e os primeiros días de setembro.

De momento temos tres prazas libres no grupo dos máis peques ( nacidos no ano 2016),se aol longo do mes de agosto alguén está interesado pode escribir ao correo da escola: ei.montealto@hotmail.com para facer el contacto.

Comezo do curso 6 de setembro ca xornada de portas abertas neste  horario 

  • 11 a 13h pola mañá e de 16,30 a 18h. pola tarde.

7 de setembro horario e servizos normalizados.