PROPOSTA DA COMUNIDADE EDUCATIVA NO PROCESO PARTICIPATIVO- PORTA ABERTA- CONCELLO

A comunidade educativa presenta a iniciativa de “RECUPERACIÓN DA PRAZA DO MERCADO DE MONTE ALTO E ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL”- na iniciativa do concello de orzamentos participativos PORTA ABERTA.
Precisamos do apoio de todos para facer posible a rexeneración e recuperación do espazo que compartimos xunto co mercado: unha praza que está degradada e nun lamentable estado de limpeza, accesibilidade e limitado no seu uso. A escola precisa dunha actuación urxente e alternativa para manter as condicións dignas e adecuadas para todos/as: familias, nenos/as e traballadoras/es.
Dende hai meses estamos cun gran malestar, e facendo peticións. Algunhas actuacións foron realizadas no pavimento da praza,pero todos sabemos que non son suficientes.Non só estamos a falar dunhas melloras, senón dun cambio significativo onde todos e todas poidamos convivir, andar, falar e xogar nas rúas e prazas do barrio con seguridade e tranquilidade.
Nesta aposta de cambios está a ESCOLA, a escola infantil, un edificio feito xunto co mercado para “servir aos usuarios e usuarias”. O seu uso foi mudado nuns días. Cando abriu as súas portas, xa era unha escola e non un aparcadoiro de nenos.
Era o ano 1987. Case 30 anos despois, a escola segue co carácter de manter un proxecto de incorformismo por mudar e melloar as cousas. Non podemos tapar os ollos ao que rodea a escola, xa que, formamos parte do mesmo. Somos parte dun barrio, dunha praza, dun mercado… e é necesario que mellore todo, pola responsabilidade que temos de ofrecer aos nenos e nenas a posibilidade de vivir nunha cidade amable,respetuosa e sensible por eles e elas.

Á espera do “concurso de ideas” que prometeu o concello sobre praza-mercado-escola, a comunidade escolar propón nesta convocatoria aberta de investimentos a RECUPERACIÓN DA PRAZA e ESCOLA INFANTIL co obxectivo de contar con espazos e equipamentos acolledores e de encontroRecomendamos,unha ollada a portada do libro “A cidade dos nenos” Francesco Tonucci, e unha boa lectura do contido e  un primeiro paso para este “REPENSAR A CIDADE”.

Resultado de imagen de a cidade dos nenos

enlace:

https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/283

Código da proposta: 283

Recuperación dos espazos de convivencia e encontro: actuación sobre a praza, novo equipamento para a escola e revitalización do mercado.

– Creación dunha nova infraestructura-equipamento para a infancia: Escola Infantil Municipal.

– Reutilización de espazos: plaza superior e inferior, incorporación de zonas verdes, reposición de mobiliarios, accesibilidade para todos.

– Promover un espazo de encontro interxeracional onde cultura e arte formen parte da vida cotiá do barrio da man do mercado: novos usos dos postos do mercado, como o que está a facer a escola infantil coa “Tenda de Anton”, zona de uso fora do horario comercial, punto de lectura, etc.

Adxuntamos o documento elaborado por membros da comunidade educativa, onde se recollen diversas propostas de actuación. Este documento foi entregado no rexistro de Urbanismo do Concello en febreiro deste ano.

 

Esta entrada fue publicada en a cidade, ESPACIOS Y ESCUELA, INSTALACIONES, medio ambiente, mobilidade, movilidad, reflexión. Guarda el enlace permanente.