Comezan as despedidas

Chegado o mes de xuño acontecen na escola momentos onde temos que dicir un “Adeus” moi sentido. Xa sabedes que este curso estivemos acompañados por un grupo de estudantes de educación infantil e dietética. Primeiro Rebeca, Tamara, e onte tocou o turno de rematar a Tania, Aldán e Iria.

Hoxe foi a final das súas prácticas e aínda que para eles/as é unha festa, rematan os seus estudos,  tamén sabemos que todos e todas sentimos un poco de tristeza polo momento, xa  que compartimos moitas cousas durantes estes tres meses xuntos. Resulta moi complicado non coller afecto e aprecio  por estes xóvenes, cando a vida da escola está chea de emocións e cando tivemos  a sorte de coincidir con “cinco personalidades” diferentes e complementarias á vez. A serenidade e agarimo de Aldán, a inquietude e actividades de Iria, a tranquilidade e sentimentos de Tania, o compromiso e constancia de Tamara, e alegría de Rebeca..toda esta mestura de personalidades estiveron con nós  nunha etapa singular da súa formación.

Esperamos que este tempo sirva para orientar o seu futuro profesional e esperamos que cando sintan un pouco de morriña polos peques e maiores, volvan a chamar a nosa porta.

Unha aperta para todos e todas e o equipo de profesorado do Ánxel Casal e do Tomás Barros.

Tania deixou as súas pegadas cun Monstruo de Cores

Tamara regalou un peixe que xa nada feliz nas augas frías do acuario

Iria fixo dúas casiñas para paxaros do patio

Aldán contou e regalou “O MONSTRUO ROSA” un relato moi especial

“un conto para entender a diversidade como elemento enriquecedor da nosa sociedade..”

Aquí as fotos destes días

KODAK Digital Still CameraKODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera

 

Esta entrada fue publicada en Convivencia e formación. Guarda el enlace permanente.