Admiración por unha gran mestra Susana Vázquez: Cando ensinar é algo máis que “dar clase”.

susana vázquez

Ás veces tamén os mestres e mestras deben ser admirados, e neste caso a nosa amiga e compañeira de “andainas científicas” Susana Vázquez ben merece un recoñecemento neste espazo de escola.

Susana coñece ben a nosa escola, e especialmente os proxectos de ciencia.Compartiu con nós xornadas de formación, cursos, exposicións e tamén moito tempo de reflexión sobre a forma de mellorar a nosa práctica docente. Comprometida máis alá das aulas, saltou a Mozambique para desafiar a moitos retos persoais e mostrar  o mellor que ela pode ofrecer: a súa profesionalidad como mestra de ciencias e a súa forza y axuda por sacar adiante proxectos de ensino.

A Susana coñecímola en Educabarrié, foi responsable da gran proposta, agora xa desaparecida, dunha web educativa onde os mestres de todos os niveis educativos, incluso nós, dende o 0-3 anos, fomos recibidas cos brazos abertos.

Pronto sentimos unha afinidade de intereses entre un grupo de “profes” disposto a contar e compartir inquedanzas e experiencias.Alí estaba Susana, coordinando e detectando todo aquilo que andaba polas nosas escolas e centros. Anos de moitos esforzos por documentar e recopilar actividades, traballos, etc..por difundir  e facer divulgación dun xeito moi próximo aos docentes.

Susana deixo todo o seu bon facer naquela gran proposta educativa e a maiores, animou a crear e favorecer o encontro e amistade, e como pode comprobarse na prensa, o seu proxecto pasou as fronteiras e chegou moi lonxe.

Estou segura, pola admiración que sentimos por ela, que deixará un espazo baleiro en Mozambique, difícil de encher, e que os mozos e mozas, futuros mestres que están con ela, terán sempre un recordo moi agradable e amable do significado de adicarse ao ensino, como vocación e forma de vida.

Ata dentro de pouco amiga Susana.

noticia de LA VOZ DE GALICIA

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2016/05/11/span-langgloxala-participasen-os-pais-galiciaspan/00031462532024146272819.htm#viewmedia

Blog EL RECREO SOLIDARIO, é o blog onde podedes encontrar o diario de experiencias.

http://elrecreosolidario.blogspot.com.es/

 

Esta entrada fue publicada en ciencia desde la infancia, colaboración en educación infantil, Referencias de grandes mestr@s, Sin categoría, xornadas de patrimonio. Guarda el enlace permanente.