Unha boa colleita de chícharos do horto da Antón.

O pasado martes collimos  chícharos da horta.

IMGP0037

Foi un momento moi especial xa que  non contabamos chegar a tan   magníficos exemplares, grandes e moi verdes.

IMGP0035Abrir e desgranar é unha tarefa moi divertida e interesante.

IMGP0022IMGP0033IMGP0031IMGP0023IMGP0028IMGP0029IMGP0040IMGP0038

A actividade cos chícharos sempre é moi completa xa que nela podemos desenvolver habilidades da man, dos dedos, coordinación man-ollo, utilizar con habilidade a pinza,quitar e poñer grans dentro e fora, abrir e pechar, contar…calcular o que pesa mais o menos. Precisa de atención,observación y moita coordinación.

Despois da actividade, os chícharos pasaron a cociña…e hoxe foron parte do nosa comida.

Paseo polo Xardín Botánico de Culleredo.

IMGP0110

O mércores 25 de maio estivemos pola tarde de paseo por este fermoso espazo de naturaleza da man do técnico de cultura do concello J.Carlos Varela y do xardinero Xoaquin. Grazas as súas presentacións tomamos un primeiro contacto con  este entorno mediambiental tan fermoso e variado que ofrece múltiples oportunidades para observar aves,árbores,plantas aromáticas, hortos,lagunas, pontes e…moito mais.

Ao longo da tarde coñecimos o HOTEL DOS INSECTOS, e tamén comprobamos que neste xardín podemos ver especies de aves moi especiais  de ver.Un Ibis frecuenta a pequena laguna que desemboca na ría do Burgo.

IMGP0113IMGP0105IMGP0048IMGP0060

Recomendable pasear e gozar dun tempo neste xardín tanto para pequenos e grandes, tanto en grupo pequeno, parella o en gran grupo como o noso.

Quédanos un bo recordo desta tarde.

IMGP0043IMGP0044IMGP0047IMGP0046

IMGP0051IMGP0052IMGP0054IMGP0055

IMGP0077IMGP0069IMGP0073IMGP0097

IMGP0090IMGP0092IMGP0103IMGP0102

IMGP0122IMGP0118IMGP0116IMGP0137IMGP0143IMGP0151IMGP0153IMGP0148

IMGP0156IMGP0158IMGP0068IMGP0080

DOCUMENTO ERES MI CIELO en youtube.

O curso pasado con motivo da presentación do proxecto ERES MI CIELO ao concurso CIENCIA EN ACCIÓN, recollimos  durante varias sesións as aportacións e actividades desta experiencia .

Participaron familias doutros anos, con nenos e nenas de 2º ciclo de educación infantil e alumnas de primaria e secundaria.

este é o enlace:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkteres mi cielo, proxecto de astronomia

Festa das Letras Galegas na escola: Manuel María e o poema das Lavercas

A festa de hoxe estivo protagonizada por poemas e músicas dos escritores galegos que durante estos últimos anos foron homenaxeados.

Contamos coa presenza de Felix Arias e de Moncho do Orzán;e así entre os sons da  guitarra e do  arcodeón estivemos cantando, bailando e xogando coas palabras. A través da fotografías poderedes facervos unha aproximación do que este singular concierto logrou no público.

IMGP0070 IMGP0073 IMGP0075 IMGP0076 IMGP0078 IMGP0079 IMGP0080 IMGP0081 IMGP0082 IMGP0083 IMGP0084 IMGP0086 IMGP0088 IMGP0090 IMGP0091 IMGP0093 IMGP0094 IMGP0097 IMGP0099 IMGP0100 IMGP0101 IMGP0103 IMGP0104 IMGP0105 IMGP0106 IMGP0107 IMGP0108 IMGP0109 IMGP0110 IMGP0111 IMGP0112 IMGP0113 IMGP0114 IMGP0115 IMGP0116 IMGP0117 IMGP0118 IMGP0119 IMGP0120 IMGP0121 IMGP0122 IMGP0123 IMGP0124 IMGP0125 IMGP0126 IMGP0127 IMGP0128 IMGP0129 IMGP0130 IMGP0131 IMGP0132 IMGP0133 IMGP0134

 

Admiración por unha gran mestra Susana Vázquez: Cando ensinar é algo máis que “dar clase”.

susana vázquez

Ás veces tamén os mestres e mestras deben ser admirados, e neste caso a nosa amiga e compañeira de “andainas científicas” Susana Vázquez ben merece un recoñecemento neste espazo de escola.

Susana coñece ben a nosa escola, e especialmente os proxectos de ciencia.Compartiu con nós xornadas de formación, cursos, exposicións e tamén moito tempo de reflexión sobre a forma de mellorar a nosa práctica docente. Comprometida máis alá das aulas, saltou a Mozambique para desafiar a moitos retos persoais e mostrar  o mellor que ela pode ofrecer: a súa profesionalidad como mestra de ciencias e a súa forza y axuda por sacar adiante proxectos de ensino.

A Susana coñecímola en Educabarrié, foi responsable da gran proposta, agora xa desaparecida, dunha web educativa onde os mestres de todos os niveis educativos, incluso nós, dende o 0-3 anos, fomos recibidas cos brazos abertos.

Pronto sentimos unha afinidade de intereses entre un grupo de “profes” disposto a contar e compartir inquedanzas e experiencias.Alí estaba Susana, coordinando e detectando todo aquilo que andaba polas nosas escolas e centros. Anos de moitos esforzos por documentar e recopilar actividades, traballos, etc..por difundir  e facer divulgación dun xeito moi próximo aos docentes.

Susana deixo todo o seu bon facer naquela gran proposta educativa e a maiores, animou a crear e favorecer o encontro e amistade, e como pode comprobarse na prensa, o seu proxecto pasou as fronteiras e chegou moi lonxe.

Estou segura, pola admiración que sentimos por ela, que deixará un espazo baleiro en Mozambique, difícil de encher, e que os mozos e mozas, futuros mestres que están con ela, terán sempre un recordo moi agradable e amable do significado de adicarse ao ensino, como vocación e forma de vida.

Ata dentro de pouco amiga Susana.

noticia de LA VOZ DE GALICIA

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2016/05/11/span-langgloxala-participasen-os-pais-galiciaspan/00031462532024146272819.htm#viewmedia

Blog EL RECREO SOLIDARIO, é o blog onde podedes encontrar o diario de experiencias.

http://elrecreosolidario.blogspot.com.es/

 

Na Bebeteca da Diputación cas familias, o pasado xoves 12 de maio

A  saída do grupo da Aula Grande sempre resulta divertida e moi  tranquila, xa que conta coa presenza  e colaboración dun familiar de cada neno e nena do grupo.

Esta visita-paseo  e unha auténtica  aventura para todos grandes e pequenos, posto que  viaxamos  xuntos por primeira vez nun  autobús e percorremos a pé as rúas do centro da cidade ata chegar á sede da Biblioteca. Unha fermosa experiencia para iniciarnos en coñecer e gozar  de institucións e actividades culturais dirixidas para cativos.

IMGP0058IMGP0059

IMGP0043 IMGP0044 IMGP0046 IMGP0047 IMGP0049 IMGP0052 IMGP0053 IMGP0054 IMGP0055 IMGP0056 IMGP0057   IMGP0060 IMGP0061 IMGP0062 IMGP0063 IMGP0064  IMGP0066 IMGP0067